• Nenhum resultado encontrado

O PERSOAL AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CLASES E

TEMA 9. O PERSOAL AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CLASES E NORMATIVA DE APLICACIÓN ADQUISICIÓN E PERDA DA RELACIÓN

II. ADQUISICIÓN E PERDA DA RELACIÓN DE SERVIZO

1. SELECCIÓN DOS EMPREGADOS PÚBLICOS

- Principios xerais

De acordo co artigo 49 da Lei do emprego público de Galicia, a selección dos empregados públicos réxese polos seguintes principios, que derivan das esixencias dos artigo 23.2 e 103.3 da Constitución:

- Igualdade, con especial atención á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e das persoas con discapacidade.

- Mérito e capacidade.

- Publicidade das convocatorias e das súas bases.

- Transparencia e obxectividade no desenvolvemento dos procesos selectivos e no funcionamento dos órganos de selección.

- Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

- Independencia, confidencialidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

- Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas que se van desenvolver.

- Eficacia, eficiencia e axilidade, sen prexuízo da obxectividade, no desenvolvemento dos procesos selectivos.

- Requisitos para o acceso ao emprego público

Os requisitos xerais para o acceso ao emprego público aparecen enunciados no artigo 50.1 da lei:

- Ter nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo co disposto no artigo 52, permita o acceso ao emprego público.

- Estar en posesión da titulación esixida ou estar en condicións de obtela.

- Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada.

No caso do persoal laboral, non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atopase na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

As convocatorias dos procesos selectivos poden establecer con carácter abstracto e xeral requisitos específicos de acceso que garden relación obxectiva e proporcionada coas funcións e tarefas para desempeñar.

- Acceso ao emprego público das persoas con discapacidade

En canto ao acceso ao emprego público das persoas con discapacidade, o artigo 54.1 da Lei do emprego público de Galicia prevé que nas probas selectivas, incluídos os cursos de formación e os períodos de prácticas, se establecerán as adaptacións e os axustes razoables de tempo e medios que sexan necesarios para a súa realización polas persoas

con discapacidade, sempre que así o solicitasen, a fin de garantir que participan en condicións de igualdade cos demais aspirantes. Estas persoas concorrerán en quenda separada dos demais aspirantes sempre que así se xustificase para o mellor desenvolvemento das súas probas selectivas.

Logo de superar o proceso selectivo, as persoas que fosen admitidas na convocatoria ordinaria con prazas reservadas para persoas con discapacidade poden solicitarlle ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser acreditados debidamente. O órgano convocante acordará a dita alteración cando estivese debidamente xustificada, e limitarase a realizar na orde de prelación a mínima modificación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

- Os procesos selectivos

De acordo co artigo 55.1 da Lei do emprego público de Galicia, os procesos selectivos dos empregados públicos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas na lei.

Así mesmo, para asegurar a obxectividade e a racionalidade dos procesos selectivos, estes poderán completarse, calquera que sexa o sistema selectivo aplicable, coa superación de cursos e/ou períodos de prácticas, cunha exposición curricular polos candidatos, con probas psicotécnicas ou coa realización de entrevistas. Igualmente, poderán esixirse recoñecementos médicos.

Establécese tamén a regra de que os órganos de selección non poderán propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas, excepto cando así o prevexa a propia convocatoria.

As clases de sistemas selectivos que se poden usar aparecen enunciadas no artigo 56 da Lei do emprego público de Galicia, e son as seguintes:

establezan na convocatoria, as cales deberán permitir determinar a capacidade das persoas aspirantes e establecer a orde de prelación entre elas. As probas poderán consistir na comprobación dos coñecementos e a capacidade analítica dos aspirantes, expresados de forma oral ou escrita, na realización de exercicios que demostren a posesión de habilidades e destrezas, na comprobación do dominio de linguas estranxeiras e, se é o caso, na superación de probas físicas. Nos procesos selectivos coidarase especialmente a conexión entre o tipo de probas que se deben superar e a adecuación ao desempeño das tarefas das prazas convocadas.

- Concurso-oposición. Consiste na superación das probas correspondentes, así como na posesión previa, debidamente valorada, de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia. A valoración das devanditas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia non supoñerá máis dun corenta por cento da puntuación máxima alcanzable no proceso selectivo. A fin de asegurar a debida idoneidade das persoas aspirantes, estas deberán superar na fase de oposición a puntuación mínima establecida para as respectivas probas selectivas. - Concurso. Ten carácter excepcional, e consiste na valoración exclusiva dos méritos que se sinalen na convocatoria.

2. ADQUISICIÓN DA RELACIÓN DE SERVIZO

O artigo 60 da Lei do emprego público de Galicia establece que a condición de funcionario de carreira se adquire polo cumprimento sucesivo dos seguintes requisitos:

- Superación do proceso selectivo.

- Acreditación, se é o caso, de que se reúnen os requisitos e condicións esixidos na convocatoria do proceso selectivo.

- Nomeamento polo órgano ou autoridade competente, que será publicado no diario oficial correspondente.

- Acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como de compromiso de exercer con