• Nenhum resultado encontrado

ENDL C.E.I.P. BERGANTIÑOS - CARBALLO

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "ENDL C.E.I.P. BERGANTIÑOS - CARBALLO"

Copied!
46
0
0

Texto

(1)
(2)

O gaiteiro de Soutelo, indo para Redondela, perdeu a gaita no monte, anda chorando por ela.

Eu namorar, enamorar, enamoreime, Eu namoreime na beira do mar. Eu namorar, enamorar, enamoreime

E non me puiden desennamorar.

Fixenche unha saia nova, Pensando que te casabas. Fixenche unha e máis outra,

E quedache como estabas.

Os solteiros valen ouro, Os casados valen prata,

(3)

Casadiña de tres días, Que che levou a colore,

Nin casada nin solteira Nunca che tuven maiore.

Casadiña de tres días Non se cansa de chorar Pola vida de solteira Que non ha de recobrar.

Casadiña de tres días Xa levaches unha tunda Se o saben as solteiras xa non se casa ningunha.

O día que eu me casei, Todo o día orballou Ben casado, mal casado Agora casado xa estou.

(4)

Cando paso pola rúa

Merco pan e vou comendo para que non diga túa nai, que con verte me manteño.

Nena que estás na ventana Cas puntas do pano fóra Bótame a túa cariña Que o pano non me enamora.

Nena que estás na xanela, Coas puntas do pano fóra.

Retírate para adentro

Que as puntas non me enamoran.

Tiñas os ollos azuis

Coma a seda de bordar. Nacemos un para o outro. Que lle habemos de esperar!

(5)

Non sei que tes que non me falas, Non sei que te aconsellou!

Fiaste en ditos de mundo, E eu tamén tanto che dou!

Eu casei cunha tecelana Para aprender a tecer. Eso de métello e sácallo, Nunca llo puiden aprender!

Se ti queres, eu quero Nena da cara redonda Se ti queres, eu quero Unha cama non abonda.

Rapaciña do meu tempo Chamáchesme a min rapas Durme conmigo unha noite e pola mañá xa verás.

(6)

Deus cho pague churrusqueira Que cho vou agradecer

Cando vou ao teu muíño Sempre me deixas moer.

Solteiriña non te cases Non deixes a boa vida Eu ben sei dunha solteira

Que chorou arrepentida.

O carballo da portela Ten a folla revirada Que lla revirou o vento

Nunha mañá de xiada.

A túa porta estamos catro e os catro te queremos agora escolle nena

(7)

Nós de aquí, e vós de aló Somos tantos coma vós Nós comemos o carneiro e as cornos son pa vós.

Debaixo do lavadoiro Onde María lavaba Había un anel de ouro Nunha mazá colorada.

Unha nena nunha fonte Por unha berza bebía A berza estaba rachada E toda a auga lle vertía.

Aparte loureiro verde Deixa clarear á lúa Senón vexo ao meu amor Non vexo cousa ningunha.

(8)

A regueifa está na mesa E na mesa hai xurelos E o que coma da regueifa hano de comer os demos.

Este pandeiro que toco Este que teño na man Era de miña cuñada

Da muller de meu irmán.

María se vas ao prado Mira que che hei de erguer

Dareiche un abrazo E non nos han de ver.

O muíño non é muíño Que é a capilla dos ratos Onde se daban os bicos E moitos, moitos abrazos.

(9)

Moe muíño, moe muíño Bótame a fariña fóra Que a filla da muiñeira Ten un andar que namora.

Fun ao muíño con Paula Fun ao muíño con ela, Fun ao muíño con Paula Fun en paz e vin en guerra.

Muiñeira da ribeira Muiñeira ribeirana Muiñeira da ribeira Tócacha de mala gana.

En Cerqueda si que hai homes Tamén os hai na ribeira Hainos de media polaina Hainos de polaina enteira.

(10)

Costureiriña bonita Dáme unha agulla de prata Para quitar esta espiña Do corazón que me mata.

Baselisa na baile Dixo en voz alta

Se non me gustan os homes É pola gaita.

Veño do lugar de Tella, De ver unha telleana Que me rouba o corazón

E se me mete na alma.

Fun aás mozas a Vilela, Espetéime nunha poza. Abracéime nunha vella, Pensando que era unha moza.

(11)

En Ardaña hai boas mozas, En Carballo, gañas delas E na baixa de Entrecruces Bonitiñas coma estrelas.

O cantar que ben de gracia O cantar que gracia ten Que para andar polo mundo

De todo che hai que saber!

O pandeiro sen ferreñas E as ferreñas sen pandeiro Fan como a barca sen remos E os remos sen mariñeiro.

Miña nai botóume fóra Polas tellas do tellado Recólleme mamaíña

(12)

Foches a Vilagarcía

Foches e non viches nada, Unha rapaza bonita

E unha mazá colorada.

A miña nena pequena heina de enseñar a todo

a coser e a peneirare a a botar o pan no forno.

Teño un amor que me engana Outro que me dá diñeiro Outro que me desengaña Cal é o máis verdadeiro?

Andivecheste alabando Que teu pai era moi rico, Pero a riqueza de teu pai Lévaa o corvo no bico.

(13)

Ímonos mercar homes Ben baratos eles son, Os solteiros son a carto E os viúvos aínda non.

Olvidei a pai e nai, Toda a miña parentela

Pero non podo olvidar a un fillo de nai allea.

Dille a teu pai Inesiña, Que nunca poderei querelo

Cando te vou ver de noite, Ponlle á porta o tarabelo.

Olvidarte a ti por outro Non che cabe no meu peito Olvidar outro por ti, Eso xa cho teño feito.

(14)

Aldeíña de Baldaio Aldea de poucos homes E os pouquiños que quedan

Chámanlle remendafoles!

Manuel por velas nenas Fixo unha fonte de prata As nenas non van a ela Manuel vivo se mata.

O cura chamoume Rosa Eu tamén lle respondín: Destas rosas señor cura, Non nas hai no seu xardín.

O meu amor desta noite Quedou de vir e non veu. Colleu o ferrocarril, Marchou para Montevideo.

(15)

Quedaches de vir ás nove, Viñeches ás nove e media Coidas que non é pecado Enganar a unha morena.

Vinde pouquiños a poucos Vinde pouquiños a poucos

Deixade o camiño libre Para que veñan os outros.

Polo río abaixo Vai unha sertén Se levara ovos, Ía eu tamén!

Tocan as campás de Oca, Repenican as de Cereo. Ahí veñen os mozos de Oca, Para bailar o maneo!

(16)

En Carballo non hai quen pranche. Que morreu a pranchadora. De catorce a quince anos Son as que pranchan agora.

Para tocar veño eu, Para bailar, meu irmán. Para tocar a pandeireta, Viva que a ten na man!

Este pandeiro que toca Era de coiro de ovella, Inda onte comía herba, Hoxe toca que rabea!

Inda que che son moreniña, Sonche de polvo da eira.

Se me viras o domingo, Nin a guinda na guindeira.

(17)

Se queres a boa moza, Non a mires na romería. Vaina ver pola semana, Co traxe de cada día.

Teste por moita moza E por moita comenencia. E agora vas quedarte Á lúa de Valencia.

Eres alta coma un piñeiro E delgadiña da cintura Tes tipo de gitana Para botar a boaventura.

Sonche negra coma o pote, E branca coma a gramalleira E teste que casar de noite,

(18)

Moito miras para min

E moito me choscas o ollo. Son criada de servizo,

E non podo atender a todo.

Quen che dixo a ti, loureiro Que eres o pau das culleres?

As mentiras son dos homes, e as verdades das mulleres.

Miña cuñada Polonia, Non hai muller coma ela Os osos dállos ao home E a carne cómea ela!

Vaite lavar, porco negro. Vaite lavar ao pilón,

Que aínda que laves e relaves, Eres negro de nación!

(19)

A raíz de toxo verde É moi mala de arrancar. Tamén o primeiro amor, E moi malo de olvidar.

Nena que vendes as peras Cantas che mandaron dar? Para ti, meu queridiño Non mas mandaron contar.

Hai mulleres que se rien Dúas ou tres veces ao ano. Unhas son de compromiso, E as outras de mal agrado.

Ao meu neno pequeno, Quen lle ha de dar a teta.

Súa nai vai no muíño E seu pai na leña seca.

(20)

Pasei pola túa horta,

Pedínche auga e non ma deches. Cando pases pola miña.

Farei coma fixeches.

Unha pera, dúas peras Non me dou máis a pereira.

Unha semaniña enteira Esa si que é muiñeira!

Moito che ten que chorar A pobre da túa nai

Pola cédula visada E o retrato de teu pai.

Unha vella de 100 anos Subíuse a un campanario Colliu o badel na man

(21)

Caseime cunha cara triste Porque tiña moito gando O gando foille morrendo

E a cara triste foi marchando.

O amor da costureira Era de papel e mollouse

Agora costureiriña O teu amor acabouse.

Os amores dunha vella Son amores dunha santa Cando se deita na cama Toda a noite o cu lle canta.

Ao pasar por Vilariño Por Vilariño cantando As nenas de Vilariño, Quedaban na porta mirando.

(22)

Pasei pola túa porta, Mirei polo cerrollo. A mala de túa nai,

Meteume un pau polo ollo.

Todo o mundo me pregunta De que romaría veño, Pásame a man pola cara Mira que sudado veño.

Cando un mozo canta ben Gosta moito ás rapaciñas Cando un aglo canta ben Tamén lle gusta ás galiñas.

De traballo non falemos Cada quen o que poider Por que todo o que se casa

(23)

Ti estreveraste, non dudo, Porque ti es moi atrevido;

En sendo rica a rapaza Dabondo estarás mantido.

Non e cases con ferreiro Que te qeiman as muxicas

Cásate co carpinteiro Que fai as huchas bonitas.

Teño un amor coma un santo. Eu a deus non llo merezo. Todos me din que o venda O meu amor non ten prezo.

Eu fun a Marín E non son de Mariñán E o fungueiro do carro,

(24)

Quedaches de vir, viñeches Corazón alimonado Quedaches de vir, viñeches

E non fuches a outro lado.

No lugariño de Imende Hai dúas pedras de asento.

Unha de contar mentiras E outra de murmuramento.

Lugariño de Imende Parroquia de poucos homes,

E os pouquiños que hai, Chámanlles remendafoles.

As de Malpica son pescas, As de Buño, son oleiras. As de Carballo, modistas E as de Brea, panadeiras.

(25)

Eu queríame casar. Miña nai non teño roupa.

Casa miña filla, casa Que unha perna tapa outra.

Cando chove ou quenta o sol Anda o demo por Ferrol Cun saquiño de alfileres Picándolle o cu ás mulleres.

Nas lagoas dos teus ollos Moi a gusto afogaría, se soubese ben seguro Que non me rescatarías.

O meu ben ten unha espada No canto do corazón. E moi ledo me atravesa Cando falamos de amor.

(26)

Mariquiña doenche os ollos, Tamén me doen os meus. Vainos lavar ao río grande Onde a troita lava os seus.

Olvidei os meus amores Olvideinos para sempre. Para nunca máis beber Auga dunha mesma fonte.

Desque vin o xustillo, Prendín solo a corda Para andar axustadiño De par do teu corazón.

A Cambre non vou Que dormen no chan e despachas aos mozos

(27)

As mociñas de hoxe en día Son todas unhas veletas.

Por unha copa de caña, Deixan apalpar as tetas.

Heime de casar cun vello, Heime de fartar de rir.

Heille de poñer a cama, Con que non poida subir.

Se eu fora tinta E ti tinteiro.

Escribiría co sangue das túas veas Canto te quero!

Namoreime dunha nena Porque ela cantaba ben. Agora morro de fame Co cantar non me mantén.

(28)

O paxaro cando chove Mete o rabo na silveira. Así tamén fai a boa moza, Cando non ten quen a queira.

Maruxiña dáme un bico Que che ei dar un pataco. Non quero bicos dos homes,

Que me cheiran a tabaco.

Quero un limón E tamén un melón;

Pero o que de verdade quero É o teu corazón.

Escríbiache unha carta Era de noite, non vía Se algunha letra vai mal Dispénsame prenda miña.

(29)

O meu amor é mariñeiro E vive no alto do mar. Son os teus brazos o vento

Ninguén os pode amarrar.

Cantan os galos o día, A hora dos namorados.

Mozos que andades de noite, Non vos collan despistados!

Eu queríame casar. Miña nai di que é cedo. Pero ela como ten home, Non sabe a falta que eu teño.

Chamáchesme rachafaldas Aínda non rachei ningunha.

Se mo volves a chamar Heiche de rachar a túa.

(30)

Cambiaches ouro por prata, O ouro máis che valía.

Cambiachesme a min por outra, Eu a ti non cho facía.

Meu amor, si te marchas Deixame unha prenda túa Deixame a túa navalla Para picar a verdura.

Arrabeas porque canto Porque río moito máis.

Teño que cantar e rir Para que arrabees máis.

Diraslle a túa nai Que eu agora non te quero, Que te colgue do fumeiro, No sitio do unto vello.

(31)

Se me queres, querereite. Se non resgárdate ben.

O mundo é moi largo E non falta que queira ben.

Eu casar, casaría Se a vida de casado

Fose coma o primeiro día.

Da uva sae o viño, Da oliva, o aceite. E do meu corazón, O cariño para a xente.

Eu querer quéroche ben E téñoche admiración, Pero casarme contigo, Non mo pide o corazón.

(32)

Un merlo e máis unha merla Iban por un prado abaixo. O merlo como era máis pillo,

Botou á merla por baixo.

Deixame ir, deixame vir. Deixame apartar da rama,

Deixame durmir un soño, Rapaza na túa cama.

O señor cura Non baila porque

Leva a coroa. Baile señor cura, baile Que Deus todo o perdoa.

Non me digas que che gusto Porque che miro a cara.

(33)

A miña muller morreu. Enterreina no valado.

Cando paso por alí, Chóscolle o ollo de lado.

O meu homiño morreu, Enterreino no palleiro. Deixeille os braciños fóra Para que toque o pandeiro.

O meu amor é pequeno Eu tamén así o quero. O poño debaixo da saia E teño amores cando quero.

Cando se foi o meu amor, Díxome que non chorase, Que botase ao aire as pernas,

(34)

Se queres que o carro cante Móllalle o eixe no río

Despois de mollalo, Canta coma un asubío.

Arrimeime ao pino verde Para ver si me consolaba.

O pino como era verde En vez de quentar, choraba.

Eu caseime por un ano, Por saber que vida era. O ano vaise acabando, Solteiriña quen me dera!

Solteiriña non te cases, Non deixes a boa vida! Que eu ben sei dunha casada,

(35)

Mira Maruxiña, mira como veño

Cunha borracheira que xa non me teño Que xa non me teño, que xa non me teño Mira Maruxiña, mira como veño.

Alí tes o meu corazón, Si o queres matar ben podes.

Pero como estás ti dentro, Si o matas ti tamén morres. Era unha noite de chuvia e de frío

A que pasei no muíño do río

Toda contenta empecei a cantar Para non ter medo e a noite pasar. Dun, dun ,dálle na porta

Sale a correr,

É o Marticiño que vén a moer Viña con contos levados do demo,

Contos que as mozas moitas non queremos E se ti queres para min moerás

(36)

De Carballo chegáronme tres peras nun ramalliño. Quen me dera saber que me ten tanto cariño!

Miña nai é unha pobre E meu pai un vinculeiro. Aínda ti non es o galo Que canta no meu poleiro.

A busca raposo Por antre aquel toxo

Non perdas o año De pedro Castaño Que vai na ribeira Buscar a manteiga

Para dona María Que está parideira

Na porta da eira Dun fillo varón que lle chaman Antón.

(37)

Vaite de aí corvo negro Que aquí nadie te chamou.

Vaille rezar o rosario Áos fillos que Deus che deu.

Amoriños collín na beiriña do mar Amoriños collín non os podo olvidar Non os podo olvidar

Non os podo olvidar

(38)

Fuches ti, fuches ti

O que fuches cagar ao palleiro Fuches ti, fuches ti

Que traes as pallas no cú..

Teño unha herba na horta, Que lle chaman corriola.

Para falar conmigo, Fáltache un ano de escola.

Os curas e os taberneiros Teñen moito parecido. Os curas bautizan nenos e Os taberneiros o viño.

O amor cando pretende, Moito mel e manteiga E despois de casadiño Cámalle “puta” e “meiga”.

(39)
(40)

A regueifa está na mesa E no medio ten culleres

Para cantar a regueifa Que veñan homes e mulleres.

... A regueifa está na mesa

É feita de pan de trigo. A muller que a amasou, Tiña pelos no ombligo.

...

O raposo está berrando No alto de camariñas. Traédeme as zapatillas Que me pican as espiñas.

...

Teño bois e teño vacas. Tamén teño cans. Cando vou a Carballo, non vexo máis que lercháns.

(41)

Estas son as amarguras Que para min son dulzuras,

Os cravos que necesita xa os din as ferraduras.

.... Boas noites Maruxiña

Hoxe véñote pedir

De tanto como te quero, Sin ti non podo vivir.

Pois por moito que me queiras Moito máis che quero a ti,

todo o día e toda a noite Solo estou pensando en tí.

Pouco máis has de pensar tranquila podes estar que se teus pais nos deixan

(42)

E se túa nai non nos deixa Facemos desta maneira, Casamos coma os paxaros, Detrás dunha silveira.

Miña nai xa vén ahí Está recollendo no gando.

Fálalle con moito xeito Que ten un xenio moi malo.

Boas noites, miña sogra Véñolle pedir a filla Se ma dá séntome un pouco

Senón marcho axiña.

A miña filla Farruco É moi nova para casar, Solo ten cuarenta anos, E pódese destragar Neniña, miña neniña

(43)

Ti teste por moita cousa E con moita fantasía A roupa dos días santos

Bótala a cada día.

As túas pernas neniña, Causanme admiración séntate aquí ao meu lado que che canto unha canción Eu non quero que me cantes

Porque es un mentireiro Para cantarme ti a min tes que ensaiar primeiro.

Pequeniña e pernas tortas Nin vales para caravilla Nin para travesas das portas E vaite de ahí xa podes marchar.

Que eu na miña vida Che volvo a falar

(44)

En Iñano hai boas mozas E con ganas de casar.

Alí foi o meu Jesús Houbérono de enganchar.

Vén para a cociña Jesús Contigo quero falar. Se che gusta a miñla filla,

Vas a ter que te casar.

Casamento sen cariño Deso non hai que se fiar Nin con casa, nin con becerra, Nin con carne de guisar. Jesús casou cunha pesca

E fíxoa labradora. Bota castañas e miño

Alí nunca falta broa. ...

(45)

Historia dos panadeiros Poñan atención señores Ao que fixo un regueifeiro;

Unha historia tan bonita Para todos os panadeiros.

Os panadeiros hoxe en día Póñense podres de ricos Traballan todos os días Máis todos os domingos. Eu xa o dixen decote

Eso é moito traballar Non ter un día no ano sequera para descansar. Cando cocen os domingos

Sei como soen facer: Un marcha medio cocido E outro vai sen cocer.

(46)

Non pasarei máis traballos Adiós todos os panadeiros

Un saúdo cordial Deste voso regueifeiro.

...

Dáme lume Sara Polo vertedeiro, Dáme lume Sara Que non son mariñeiro.

Se eres mariñeiro, Sube para arriba Que Sara está sola

Referências

Documentos relacionados

Antes de comunicar–vos uma descoberta, que reputo de algum lustre para o nosso país, deixai que vos agradeça a prontidão com que acudistes ao meu chamado. Sei que

Com a classificação, foi possível mapear oito tipos diferentes de uso e cobertura da terra na área de estudo, são elas: pastagem, área urbana, mata ciliar, silvicultura,

a) Correlacionar o tamanho das lesões melanocíticas excisadas como preditor de maior ou menor risco para diagnóstico de melanoma. b) Correlacionar o tamanho dos melanomas com

A presente pesquisa se refere a um estudo transversal de abordagem quantitativa em que foi realizado uma entrevista com lactantes usuárias da Unida- de de Referência

Carl Gustav Lang, informação que consta na moldura, na qual existe uma placa comemorativa com essa referência (Fig. Figura 2: Detalhe canto inferior direito onde supostamente estaria

Avaliar o padrão respiratório, movimentação da parede torácica e eficiência ventilatória em indivíduos portadores de DPOC, com graus moderado e grave de obstrução da via

A expressão repristinar significa restaurar, renascer. A regra geral no sistema brasi- leiro não admite a repristinação. Explica-se: no Brasil, a revogação da lei revogadora não faz

Soluções para Comportamento, Prevenção de Acidentes e Ergonomia P.S.C. Apontar Comportamentos Críticos Realizar Observações Organizar & Analisar Dados Remover