• Nenhum resultado encontrado

4º ESO - TEMA 3.pdf

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2019

Share "4º ESO - TEMA 3.pdf"

Copied!
14
0
0

Texto

(1)

4º ESO - FILOSOFÍA

Tema 3

A dimensión social da persoa

1

Introducción Contenidos

1. A sociabilidade humana

1.1. A filoxénese da sociabilidade humana

1.2. As características distintivas da sociabilidade humana

1.3. A ontoxénese da sociabilidade humana: individuo e sociedade

2. O proceso de socialización

2.1. A adquisición dos roles sociais

2.2. A conformación das categorias mentais a través da linguaxe 2.2.1. Linguaxe simbólica fronte a linguaxe de sinais 2.2.2. A dobre función socializadora da linguaxe simbólica

3. Os axentes da socialización e a integración do individuo na sociedade 3.1. Os axentes de socialización

3.2. A conformación da personalidade social e a integración do individuo na sociedade

Escola de filosofía

1. Ler filosóficamente textos non filosóficos 2. O coidado

(2)

Introdución

INDIVIDUO E REDES SOCIAIS

Vivimos grazas á nosa capacidade de colaborar e de aproveitar a experiencia acumulada da humanidade. Un neno aprende en moi poucos anos o que a humanidade tardou en crear centos de miles de anos: a linguaxe e, a través dela, o resto da cultura.

A interacción dos seres humanos produce fenómenos emerxentes ou descendentes. Elévanos ou deprímenos. Ortega dicía que hai épocas ascendentes e épocas descendentes. Nas primeiras, aumentan as posibilidades vitais dos individuos: a súa liberdade, a súa autonomía, a súa capacidade creadora, o seu ánimo. Nas descendentes, ocorre o contrario. Unha especie de cansazo vital, de gusto pola mediocridade, apodérase do mundo.

A "intelixencia compartida", a racionalidade social, alumeou o progreso ético, un de cuxos obxectivos foi exaltar a autonomía. Prodúcese así unha situación contraditoria. Nacemos na sociedade, pero a sociedade fomenta a nosa independencia. Ocorre o mesmo coa familia. Nunca romperemos a nosa relación afectiva con ela, pero, ao mesmo tempo, necesitamos independizamos.

Hai no ser humano un tenaz empeño en conseguir cada vez máis poder e autonomía. Ocorre, no entanto, que estamos tan encantados da nosa autosuficiencia, que esquecemos que só é posible grazas á "vinculación social básica" que nos mantén a todos. Só grazas á súa axuda e á súa enerxía podemos ser libres. Por iso todos debemos colaborar coa sociedade.

Necesitamos recuperar a conciencia de que a nosa individualidade só pode existir grazas á rede social en que estamos incluídos. Esta idea de rede social é moi gráfica. Cada un de nós somos un "nodo" (un nó, un centro de relacións) dentro dunha tupida rede social, da que recibimos e á que entregamos información, obxectos, accións, crenzas, diñeiro.

Pensemos nas crenzas básicas dunha sociedade, nos valores que defende ou promove; todos recibimos información de "actores influentes" (a televisión, os xornais, a publicidade, os nosos pais, profesores e amigos). Podemos: (1) transmitila, é dicir, colaborar con eles; (4) recibila e bloqueala (por exemplo, se non transmitimos un rumor ou non sigo un consello de compra); (3) introducir algo novo na rede (unha crítica, unha nova proposta, outra oportunidade).

Resulta moi interesante facer un plano da nosa rede persoal: quen inflúe sobre min? Colaboro ou bloqueo? Engado algo interesante a esa rede ou só me deixo levar?

A sociedade é o vínculo que fai posible a natureza humana, que é unha esencia individual, pero cunha imprescindible vinculación social. Os nosos antepasados prehistóricos viviron en grupos. Só así puideron sobrevivir. Posiblemente eran grupos dunhas cincuenta ou cen persoas. Na actualidade, os humanos concentrámonos en grandes cidades. Ninguén nos obrigou. Acudimos a esas cidades buscando a felicidade ou, dito doutra maneira, fuxindo de situacións adversas, atraídos porun espellismo de posibilidades, buscando axuda e seguridade.

(3)

Contido

1. A sociabilidade humana

Trataremos de analizar agora a sociabilidade humana, tan emparentada e á vez tan distinta da

das outras especies, que nos permite adquirir e interiorizar a cultura do grupo.

1.1. A filoxénese da sociabilidade humana

Nun sentido moi xeral, a sociabilidade pode definirse como a forma de vida interconectada, agrupada, que manifestan os individuos de certas especies animais. A interconexión e cooperación duns individuos cos outros da mesma especie favorece as posibilidades de subsistencia tanto do individuo como da propia especie. A sociabilidade non é, polo tanto, máis que un dos moitos trucos que atopou a evolución para garantir a permanencia da vida. Por iso a selección natural fixou esta pauta evolutiva dende moi cedo.

Pero esta forma de vida interconectada presenta trazos moi diferentes segundo as diversas especies, aínda que a primeira vista poidan parecer moitas veces asombrosamente semellantes. En efecto, a pauta da sociabilidade evolucionou de acordo a dúas modalidades ou traxectorias filoxenéticas moi distintas. De aí que poidamos falar de dous tipos de sociabilidade:

a) sociabilidade como instinto e b) sociabilidade como tendencia.

a) A sociabilidade como mero instinto redúcese exclusivamente a unha serie de mecanismos

instintivos ríxidos. Podémola exemplificar e visualizar dun xeito moi claro no caso das colonias dos insectos chamados «sociais» (formigas, abellas, térmites, etc.).

b) A sociabilidade como simple tendencia natural segue a ter igualmente unha orixe natural,

pero é máis plástica e moldeable que a instintiva, incorporando condutas aprendidas. Esta modalidade ten a súa culminación e máxima expresión nas sociedades humanas.

A primeira modalidade sinalada ten unha orixe moi antiga na historia da evolución; a

segunda, pola contra, aparece moito máis tarde culminando na específica sociabilidade humana,

que é a que nos interesa analizar aquí.

En efecto, se facemos un percorrido pola escala evolutiva, á medida que imos subindo

cara a especies máis desenvolvidas, atopamos condutas cada vez máis complexas que

incorporan, xunto aos instintos, elementos aprendidos. Así, se nos situamos nos niveis dos

insectos, réptiles, aves, peixes, etc., só observaremos condutas rexidas case exclusivamente por

instintos, isto é, por programas xenéticos moi ríxidos e pechados. Pero, se nos fixamos nos

mamíferos, podemos atopar xa unha certa cantidade de condutas aprendidas sumadas ás

instintivas xenéticas. En primates superiores, como os chimpancés, danse ás veces condutas

claramente intelixentes, isto é, condutas orixinais (ocorrencias dun individuo) na solución dun

problema, e mesmo imitación desas ocorrencias por parte doutros conxéneres membros do grupo

(condutas proto-culturais).

É evidente, en conclusión, que a sociabilidade humana é un produto culrninante desta

(4)

especie humana acabou determinando tamén as peculiares características da súa sociabilidade,

como sucede noutros planos da conduta xa analizados en unidades anteriores. Pois, mentres

que a sociabilidade humana se pode definir como unha tendencia natural modelada pola cultura,

a sociabilidade animal, pola contra, quedou selada e lastrada polas condutas instintivas fixas.

Esta nova modalidade de sociabilidade máis dúctil, rica e complexa desenvolvida pola

especie humana debeu ser seguramente clave para a súa supervivencia, xa que permitiu

organizar con eficacia os fráxiles grupos humanos primitivos que tiñan que defenderse e cazar

para sobrevivir.

1.2. As características distintivas da sociabilidade humana

As características distintivas da sociabilidade humana teñen a súa orixe, pois, na forma en como se desenvolveu o proceso filoxenético de hominización e humanización, pero tamén -e fundamentalmente- na maneira en como se leva a cabo a crianza, ou socialización, de cada ser humano, como imos analizar enseguida amplamente. Pero antes de abordar este segundo aspecto, podemos establecer xa con claridade os dous trazos da sociabilidade humana que a diferencian profundamente da das outras especies tamén chamadas sociais: a) a ductilidade e flexibilidade e b) a interacción mutua entre individuo e sociedade.

(a) A ductilidade e flexibilidade: A sociabilidade humana é extraordinariamente moldeable

pola aprendizaxe e a interacción cos outros humanos. A sociabilidade das outras especies chamadas «sociais» (coma a dos insectos) é ríxida e mecánica, puramente instintiva. Mesmo nas especies non humanas máis desenvolvidas, a moldeabilidade e mínima. A sociabilidade humana, pola contra, aínda que ten unha orixe igualmente natural, acaba sendo en boa medida aprendida e cultural.

(b) A interacción mutua entre individuo e sociedade: En termos xerais, nas especies

animais non humanas, sobre todo nas máis inferiores (como os mencionados insectos sociais), o individuo queda totalmente supeditado ao interese do grupo. O ben da colonia prevalece sobre os individuos, reducíndoos a simples pezas ben pulidas da

máquina social. Cada individuo trae marcado no seu código xenético o papel que debe representar na vida social e non lle é dado modiíicalo nin adaptalo ás súas

preferencias e intereses (tal como podemos observar no seo dunha colmea de abellas,

por exemplo). A función da sociabilidade parece orientada por unha única estratexia: a supervivencia do grupo. Pola contra, a relación do individuo co grupo é moi diferente na especie humana. Aquí a sociabilidade non necesita anular o individuo; ao contrario, canto máis libres, autónomos e creativos sexan os individuos dunha sociedade

humana, máis rica e exitosa será esta. É doado observar ao longo da historia como

PREGUNTA FRECUENTE (1)

Habiamos ser máis libres se non fósemos sociais?

Non; máis ben ao contrario. Non hai liberdade se non hai diversas posibilidades de elección. A

vida social amplía as nosas posibilidades, permítenos aprender e incorporar os logros e

experiencias dos outrose protéxenos nas nosas debilidades. Máis aínda, o propio proceso de

crianza e maduración humana é tan longo e complexo que sería inviable sen a presenza dos

(5)

aquelas sociedades que trataron de reducir o individuo a unha simple engrenaxe da máquina colectiva acabaron empobrecendo, non só ao individuo, senón tamén á propia sociedade.

1.3. A ontoxénese da sociabilidade humana: individuo e sociedade

Unha sociedade humana ben conformada é capaz, xa que logo, de potenciar e desenvolver individuos verdadeiramente libres, autónomos e creativos, e a partir deles, construír lazos cooperativos e solidarios. Cabe dicir, polo tanto, que nas sociedades xenuinamente humanas existe unha verdadeira dialéctica, isto é, un diálogo interactivo e enriquecedor, entre individuo e sociedade, entre sociedade e individuo.

Pero a sociabilidade humana é diferente da das outras especies animais sobre todo pola

peculiaridade da súa ontoxénese, isto é, pola maneira en como se desenvolve e conforma

ao longo da vida dos individuos. Este é o trazo máis rico da sociabilidade humana e a clave do seu progreso. O desenvolvemento dos apartados que veñen a continuación tratarán de afondar nesta dirección.

CUESTIONARIO

Deberías ser quen de responder as seguintes cuestións:

1. Por que a selección natural favoreceu a sociabilidade?

2. Que modalidades de sociabilidade se desenvolveron no curso da evolución?

3. Cales son os distintivos da sociabilidade humana?

4. Que tipo de sociabilidade permite maior autonomía ao individuo e que vantaxes ofrece?

TEXTO 1

A sociabilidade, como tal, non é unha característica exclusiva do home nin un privilexio

só del. No caso das chamadas «sociedades animais», como a das abellas e a das

formigas, atopamos unha clara división do traballo e unha organización social

sorprendentemente complexa. Pero no caso do home, non atopamos só, como entre os

animais, unha sociedade de acción, senón tamén unha sociedade de pensamento e

sentimento. ( ... ) O home non vive xa nun puro universo físico (como o animal), senón

nun universo simbólico ( ... ). A linguaxe, o mito, a arte, a relixión e a ciencia

representan os elementos e as condicións constitutivas de esta forma superior de

sociedade. Son os medios cos cales as formas de vida social que atopamos na natureza

orgánica se desenvolven nun novo estadio: o da autoconciencia dos individuos como

seres sociais. Esta autoconciencia do home depende dun dobre acto de identificación e

de diferenciación. O home non pode atoparse a si mesmo nin darse conta da súa

individualidade se non é por medio da vida social. Pero, para el, este medio significa

algo máis que unha forza exterior determinante. O mesmo que os animais, sométese ás

leis da sociedade pero, ademais ten unha participación activa en produci las e un poder

activo en cambiar as formas de vida social. (E. Cassirer: Antropoloxía filosófica)

(6)

2. O proceso de socialización

Como xa sabemos, os bebés humanos chegan ao mundo especialmente «inacabados», inmaturos e desvalidos, se os comparamos cos de calquera outro mamífero, ata o punto de necesitar unha nova «matriz» para poder subsistir, un «útero social» para criarse e desenvolverse. Esta absoluta dependencia inicial, unida á plasticidade, intelixencia e capacidade de aprender, son a clave para a conformación da sociabilidade concreta e particular de cada ser humano.

O conxunto de mecanismos e procesos mediante os cales o individuo adquire o

aprendido antes polo grupo (cultura) chámase socialización. Podemos dicir, pois, que a

sociabilidade dos individuos desenvólvese baixo a presión do grupo e confórmase basicamente de acordo ás características culturais deste.

O proceso de socialización é continuo e esténdese ao longo de toda a vida do individuo, aínda que é máis intenso e decisivo nas primeiras etapas. De aí que se

distinga entre socialización primaria, que é a propia da infancia e da adolescencia, e

socialización secundaria, que corresponde á idade adulta. Por outra parte, os procesos de

socialización non teñen sempre a mesma intensidade e eficacia; son máis intensos e efectivos cando son levados a cabo por certos «axentes» de grupo e contexto, como veremos máis adiante.

A continuación analizamos a tarefa levada a cabo pola socialización, centrándonos nos dous aspectos básicos desta: 1) a adquisición dos roles sociais, e 2) a conformación das categorías mentais e simbólicas a través da linguaxe. Estes dous aspectos están intimamente relacionados

2.1. A adquisición dos roles sociais

Todos os grupos e sociedades están máis ou menos estruturados, de xeito que neles os individuos ocupan diversas posicións (pai, esposa, filla, estudante, deportista, etc.). Estas

posicións -elixidas ou impostas pola vida- reciben o nome de status sociais. Unha mesma

persoa pode ocupar diversos status ou posicións sociais á vez (filla e esposa, por

exemplo), que serán adscritos ou adquiridos, segundo foran impostos involuntaria ou

voluntariamente (como é o caso de filla e esposa respectivamente). TEXTO 2

O control social, lonxe de tender a esmagar o individuo humano ou aniquilar a súa

individualidade autoconsciente, constitúe, pola contra, a dita individualidade e está

inseparablemente ligado a ela. Pois o individuo é unha personalidade consciente e

singular na medida en que é membro dunha sociedade, involucrado no proceso de

experiencia e actividade social e, polo tanto, socialmente controlado na súa conduta. (G.

H. Mead: Espírito, persoa e sociedade)

1. O control social esmaga necesariamente o individuo?

(7)

Agora ben, a cada status correspóndelle un rol social, isto é un conxunto de pautas de comportamento e valoración que veñen dadas pola cultura do grupo. Estas pautas de comportamento non se circunscriben só ás condutas físicas exteriores, senón que inclúen tamén as actitudes e reaccións emocionais. Os roles son, polo tanto, patróns xerais de comportamento que están pautados e prescritos socialmente pola cultura do grupo. Así, unha mesma posición social (posición de «esposa», por exemplo) é revestida de roles moi diferentes segundo o contexto cultural de distintas sociedades (os roles de «esposa» son moi diferentes en sociedades tradicionais ou modernas). Deste xeito, os individuos que nacen son socializados -en boa medida inconscientemente- dende o primeiro momento mediante a asunción, a interiorización e o exercicio dos roles culturais existentes na súa sociedade.

Así pois, o termo «rol», que significa «papel» en sentido teatral ou cinematográfico, indícanos a maneira en como se vai conformando a sociabilidade do individuo: por unha parte, é moldeada polos modelos sociais existentes e, por outra, segue a conservar a flexibilidade suficiente para permitir innovacións e axustes persoais (tal como sucede con diferentes actores teatrais cando interpretan un mesmo personaxe).

2.2. A conformación das categorías mentais a través da linguaxe

O

trazo máis distintivo da especie humana é, sen dúbida, a posesión da linguaxe e a forma

máis xenuína de relación social é a comunicación lingüística. Imos analizar agora, polo tanto, a especificidade da linguaxe humana e as funcións que cumpre. Pero convén, canto antes, precisar a diferenza que existe entre a linguaxe humana e a «linguaxe» dos animais, xa que

esta diferenza é unha das fronteiras que nos separa deles, ou para dicilo cunha expresión máis

contundente, entramos na humanización pola porta da linguaxe.

2.2.1. Linguaxe simbólica fronte a linguaxe de sinais

En termos xerais, podemos dicir que unha linguaxe

é un sistema de signos. Un signo, en sentido xenérico, é todo aquilo que representa, isto é que substitúe, a unha cousa representándoa. Agora ben, hai varios tipos de signos, que dun xeito

simplificado, podemos reducir a dous: a) os sinais e

b) os símbolos.

(a) Os sinais: Son chamados tamén signos naturais, porque representan en virtude da súa propia natureza ou constitución. Esta forma de representación natural pode ser, ben por semellanza entre o sinal e a cousa representada (como é o caso do sinal de tráfico consistente nunha frecha gallada, que se parece á biíurcación da estrada que representa), ben porque existe unha relación natural de

efecto-causa entre o sinal e a cousa representada (como o fume que é sinal de lume porque é un efecto del).

PREGUNTA FRECUENTE (2)

Chegarían a desenvolver unha linguaxe simbólica un grupo de nenos illados de toda sociedade?

(8)

(b) Os símbolos: Son chamados tamén «signos convencionais», porque representan en virtude dunha convención ou acordo da comunidade para que representen o que significan (como é o caso de todas as palabras orais -agás quizais as onomatopeas- e as palabras escritas; pois a palabra «verde», por poñer un caso, non se parece á cor verde nin é un efecto natural producido por esta cor.

Esta clasificación elemental e simplificado ra permítenos comprender as profundas diferenzas existentes entre a linguaxe dos animais e a humana. pois a linguaxe dos animais é unha linguaxe de sinais. Os pelos ourizados, o rabo teso, un ouveo, etc., son efectos naturais do enfado, a agresividade, o celo, etc., e por iso son interpretados polo

animal dun xeito instintivo. Pola contra, a linguaxe humana é simbólica (aínda que ás veces utilizamos tamén sinais) e esta linguaxe non está ao alcance dos animais.

As linguas humanas son produtos culturais, creacións totalmente convencionais que se transmiten e aprenden socialmente, non produtos naturais e instintivos que se transmitan xeneticamente a todos os membros da especie. Existe certamente nos humanos unha predisposición natural, xenética, á linguaxe simbólica pero non á lingua concreta que lles tocará aprender, que é un produto puramente cultural.

2.2.2. A dobre función socializadora da linguaxe simbólica

O carácter convencional, cultural, das linguas humanas, con toda a súa complexidade e sistemas de dobre articulación (fonemas e morfemas), convérteas en instrumentos enormemente eficaces para a comunicación. pois son capaces de xerar e transmitir infinitas mensaxes referidas non só a realidades presentes, senón tamén a realidades ausentes, pasadas, futuras ou mesmo virtuais. Pero a linguaxe é, antes que nada, un decisivo instrumento de socialización, xa que desempeña unha dobre función:

(a)Función de cohesión social: Comprender e utilizar unha linguaxe de símbolos implica o acordo e a aceptación do significado que a estes lles asigna a comunidade linguística. E aquí radica precisamente un dos planos da socialización linguística. pois a través do uso da linguaxe simbólica os individuos dunha comunidade linguística vencéllanse implicitamente -val dicir socialmente- nun acordo mutuo sobre o significado de cada símbolo. Compartimos cos outros membros da comunidade os significados dos símbolos sen que isto nolo impoña a natureza, reforzando así unha sociabilidade xenuinamente humana, non instintiva. Deste xeito, as linguas, que son creacións e produtos culturais do grupo, convértense en instrumentos profundos de cohesión social.

(b) Función de socialización cognitiva: A linguaxe simbólica humana non cumpre só unha función comunicativa e de cohesión social, senón tamén unha decisiva función de

socialización cognitiva do individuo que paga a pena analizar máis polo miúdo.

En efecto, o coñecemento especificamente humano opera facendo clasificacións e categorizacións dos datos achegados polos sentidos. Este proceso, que haberemos de analizar

PREGUNTA FRECUENTE (3) É exacto dicir que «unha imaxe vale máis que mil palabras»?

(9)

máis amplamente na próxima unidade, culmina na formación de conceptos abstractos, propios do coñecemento humano superior denominado comunmente coñecemento intelectual (por contraposición ao coñecemento puramente sensible non sobrepasado polos animais). Agora ben, os conceptos represéntanse por palabras-símbolos na linguaxe humana. Cómpre non esquecer que conceptos e palabras son realidades distintas, aínda que sempre vaian xuntos: basta pensar que palabras moi diferentes, como «libro», «book», «livre», etc. representan un único e mesmo concepto.

Pero o feito de que expresemos os conceptos a través das palabras e que as palabras sexan símbolos que non son semellantes ao representado nin están unidos naturalmente a el facilita e guía os procesos de clasificación e categorización. Cando os bebés humanos chegan ao mundo xa se atopan coas palabras-símbolos que usa a comunidade linguística na que empezan a vivir. O uso deles por imitación, que van empezar a facer moi axiña, facilitaralles os citados procesos de clasificación que permiten a categorización e conceptualización do mundo. Para dicilo doutro xeito máis gráfico, as palabras serviranlles de ramplas para lanzarse aos conceptos.

Esta estreita relación entre a aprendizaxe da linguaxe simbólica e o pensamento foi

intuída xa polos antigos filósofos gregos. De aí que usasen unha única palabra, «lógos», para

referirse indistintamente á linguaxe ou ao pensamento.

ACTIVIDADE A PARTIR DE TEXTO CUESTIONARIO

Deberías ser quen de responder as seguintes cuestións:

1. Que se entende por socialización e cando se produce o proceso de socialización?

2. Que se entende por «estatus» sociais?

3. Que son os «roles» sociais e que os determina?

4. Que é un «signo» e que clases de signos podemos distinguir?

5. En que se diferencia a linguaxe humana da dos animais?

6. Que papeis ou funcións desempeña a linguaxe simbólica nos procesos de

socialización?

Estritamente falando, é incorrecto dicir que o individuo particular pensa. Antes ben, sería máis

correcto insistir en que participa do que os outros homes pensaron antes que el. O individuo atópase nunha situación herdada, con modelos de pensamento que son respostas axeitadas a unha situación, e esfórzase por elaborar posteriormente eses modos de resposta herdados ou por substituílos por outros, co fin de enfrontarse máis adecuadamente coas novas dificultades que xorden das variacións e dos cambios na súa situación. Polo tanto, cada individuo está predeterminado nun dobre sentido polo feito de pertencer a unha sociedade: por unha parte, encontra unha situación xa disposta, e por outra, atopa nesa situación modelos preformados de pensamento e de conduta. (K. Mannheim: Ideoloxía e utopía. Introdución á socioloxía do

coñecemento)

(10)

3. Os axentes da socialización e a integración do individuo

na sociedade

Como apuntamos anteriormente, a socialización do individuo é permanente, xa que a súa inmersión na sociedade é constante. Pero é especialmente intensa en certos contextos e baixo a presión dalgúns grupos e organizacións sociais. Por outra parte, a socialización perde intensidade (socialización secundaria) a medida que o individuo vai sendo integrado na sociedade mediante a consolidación da personalidade social

3.1. Os axentes de socialización

Os grupos e contextos nos que a socialización é especialmente intensa e importante denomínanse axentes de socialización (ou axencias de socialización). Os principais son os seguintes:

(a) A familia, que é o marco básico no que se produce a socialización infantil e adolescente. A través dela o neno non só interioriza as primeiras pautas de comportamento e valoración e aprende a canalizar as emocións, senón que tamén conforma as súas categorías mentais e lingúísticas.

(b) O grupo de pares, ou amigos, que xoga un papel moi importante sobre todo a partir dos

sete anos e ao longo de toda a adolescencia. Nel apréndese a lóxica das regras sociais, xa que as relacións son de igual a igual e esixen reciprocidade e empatía, isto é, capacidade para poñerse no lugar do outro.

(c) A escola, que está expresamente deseñada para socializar no plano mental e conceptual, ao mesmo tempo que inculca valores, hábitos e normas específicas.

(d) Os medios de comunicación de masas (Internet, cine, televisión, etc.) que amplían enormemente e sobrepasan a influencia dos grupos pequenos, contribuíndo a unha certa uniformización das personalidades sociais.

3.2. A conformación da personalidade social e a integración do

individuo na sociedade

Coa interiorización dos roles e das categorías mentais a través da linguaxe vaise conformando a chamada «personalidade social» do individuo. O termo «personalidade», derivado de «persoa», que era o nome co que designaban os gregos a máscara ou anteface que ocultaba a cara dos actores no teatro, fai referencia aos roles que o individuo representa na vida social.

PREGUNTA FRECUENTE (4)

Se todos os individuos son socializados e conformados polo grupo, como é posible o cambio cultural e mesmo a desviación de certos individuos respecto aos patróns do grupo?

(11)

Pero a metáfora da máscara pode inducir a engano. pois o individuo socializado, non só interioriza os roles, senón que ademais remata confundíndose con eles. Deste xeito adquire unha conciencia de si mesmo que é o reflexo das actitudes e dos xuízos que os outros fan del.

A socialización supón, pois, en síntese, a adaptación do individuo a un contorno social, mediante a conformación da súa personalidade en tres niveis ou planos diferentes:

(a) O plano biolóxico e psicomotor, no que se modelan as necesidades fisiolóxicas, os

gustos culinarios, as actitudes corporais, etc.

(b) O plano afectivo, no que se canaliza e conforma o mundo das emocións e

sentimentos.

(c) O plano mental e simbólico, no que se adquiren os símbolos, as categorías mentais,

os valores, os prexuízos, etc., cos que haberá de operar o pensamento do individuo.

Esta tripla conformación carréxalle ao individuo, ademais, unha conciencia de pertenza aos

grupos polos que foi modelado e, en definitiva, á sociedade da que estes forman parte. Deste xeito, o individuo síntese integrado na orde social existente, á vez que a sociedade e a cultura se reproducen a si mesmas.

Así pois, o proceso polo que o individuo se axusta aos patróns culturais de conduta, reflicte o carácter plástico e flexible da sociabilidade humana. Pero reflicte así mesmo moi ben a dialéctica, ou diálogo -tenso e á súa vez enriquecedor- entre individuo e sociedade. Pois, por unha parte, a sociedade impón sobre o individuo os patróns de conduta do grupo, pero propicia, ao mesmo tempo, a estabilidade emocional e psicolóxica necesaria para desenvolver unha identidade persoal propia amparada no grupo.

CUESTIONARIO

Deberías ser quen de responder as seguintes cuestións:

1. Cales son os principais axentes de socialización e que ten de específico cada un deles?

2. Que se entende por «personalidade social»?

3. A que planos afecta a conformación da personalidade social?

4. Que importancia ten a socialización para o individuo?

5. Que importancia ten a socialización para a sociedade e a cultura?

6. Como é a relación que se establece entre o individuo e a sociedade no proceso de

socialización?

INVESTIGANDO NA REALIDADE

Os medios de comunicación de masas (Internet, diarios, revistas, TV, etc.) son un poderoso axente de socialización nas sociedades actuais. Unha das súas canles socializado ras (aínda que a súa finalidade explícita non sexa esa) son os anuncios publicitarios a través dos cales se propagan valores, modelos de conduta, etc. Recorrendo a este tipo de material, haberás de:

1. Seleccionar algúns deses anuncios e analizar o seu contido, concretando cales son os

valores que transmiten máis ou menos explicitamente, así como as posiblescontradicións

entre estes.

2. Valorar a súa influencia na vida real das persoas.

(12)

3. Escola de filosofía

1. Ler filosóficamente textos non filosóficos

Todo o que ocorre ao noso arredor pode pensarse filosolicamente. Acabamos de introducir unha moeda nunha máquina expendedora de bebidas. Incluso este asunto tan trivial pode suxerir preguntas interesantes que é o diñeiro? Quen decide o valor do diñeiro, dicir, o prezo das cousas que podo mercar con el? A lei prohibe que destruamos o noso diñeiro por que, se é noso? Temos dereito reclamar se a máquina non nos dá a mercancía? Por que? Fixemos algún contrato coa máquina?

Información e opinión

Os científicos antigos falaban do "libro da natureza", para indicar que debiamos aprender a ler a natureza coma se fose un texto. Poderiamos falar tamén do "libro da realidade", para indicar que os filósofos poden ler filosoficamente calquera cousa. Nesta sección, imos falar de algo máis concreto: de escritos que non teñen unha finalidade filosófica, pero que podemos ler filosoficamente.

Comezaremos cos xornais dun día. Pero antes de entrar no comentario das noticias, preséntasenos un problema. Cada un dos xornais ten a súa propia liña editorial, é dicir, xulgan ou

interpretan o que sucede desde puntos de vista distintos. Hai xornais de dereitas e de esquerdas, nacionalistas e non nacionalistas, proamericanos e antiamericanos, partidarios do liberalismo económico e contrarios a este etc. Que problemas filosóficos presenta isto? Pódese separar con claridade a "información" da "opinión"?

Enténdese por "información" a exposición rigorosa, verídica e imparcial do que sucedeu.

Enténdese por "opinión" o xuízo ou a interpretación que fai unha persoa dun feito ou unha idea. As opinións poden ser arbitrarias ou argumentadas. Desde os antigos gregos, a opinión oponse á ciencia. Cando alguén di "Eu opino que ... ". está sinalando a subxectividade do que vai dicir .

Actividade

1. Elixe unha noticia actual e explica que parte dela é información e que aspectos responden á

opinión .

Cuestións fiosóficas

Só nos xornais dun día aparecen as seguintes informacións con transcendencia filosófica. Son temas que afectan as nosas vidas, sobre os que posiblemente teñamos que pronunciarnos; tal vez teremos que votar a prol ou en contra. Demostran que a competencia filosófica, a capacidade de reflexionar crítica e rigorosamente sobre a realidade, é imprescindible para unha convivencia responsable.

Noticias políticas:

A seca e a propiedade da auga. Algunhas comunidades autónomas reclaman transvasamentos de auga desde os rios máis caudalosos, o que esperta protestas nas

comunidades afectadas.

Cuestións filosóficas: de quen é a auga dos ríos? Pode unha comunidade negarse a

proporcionar recursos hídricos a outras comunidades? E unha nación a outras nacións?

Noticias internacionais:

Tras o ciclón que arrasou Birmania, e que produciu máis de cen mil mortos, a xunta militar prohibe a entrada da axuda internacional.

Cuestións filosóficas: que é unha ditadura? Por que se manteñen as ditaduras? Hai un

(13)

defender pola forza os dereitos humanos nun país? Que é prioritario: a defensa da

soberanía nacional ou a defensa dos dereitos humanos?

Actividade

2. Por que consideramos que estas cuestións teñen implicacións filosóficas?

Exemplos de noticias

Vexamos agora algúns exemplos máis de noticias sobre as que reflexionar:

Noticias nacionais:

A xuíza envía a prisión un xefe da policía local e outros dez axentes.

Noticias nacionais:

O Goberno cre que a lei contra a violencia de xénero é boa, pero que non está dando os resultados que se esperaban.

Noticias naciona is:

O arcebispo de Toledo rexeita que se impoña "un laicismo excluínte", e o de Valencia pide "un mellor coidado da liberdade relixiosa".

Noticias científicas:

Arranca en Valencia o primeiro estudo de clonación terapéutica. Actividade

3. Identifica, para cada unha das noticias, as principais cuestións que se poden formular e sobre as que cabe propoñer unha reflexión filosófica.

4. Elixe unha destas cuestións, analiza as súas distintas perspectivas, reflexiona críticamente sobre ela e expón as túas conclusións.

2. O coidado

Os filósofos gregos consideraban que "coidar de si mesmos, da propia alma" era a tarefa do

ser humano sabio. Coidar significa veill, polas necesidades doutros seres. A tenrura é unha

actitude que na súa orixe unía os pais cos seus fillos Pero debemos intentar ester· dela a

outros modos de convivencia.

O coidado dun mesmo

O

home que coida do seu corpo e da súa alma, para construír por medio dun e outra a trama da súa felicidade, atópase nun estado perfecto e no máximo dos seus desexos, desde o momento en que a súa alma está sen axitación e o seu corpo sen sufrimento. (Séneca,

Cartas a Lucilio)

Activi

dade

1. Como explica Séneca a importancia do coidade dun mesmo?

Non é nunca demasiado pronto nin demasiado tarde para ocuparse da propia alma. Aquel que di que o tempo de filosofar non chegou aínda ou que xa pasou é semellante a aquel que di que o tempo da felicidade non chegou aínda ou que xa non existe. De tal modo que deben filosofar o mozo e o vello: este para que ao envellecer sexa mozo en bens, pola gratitude das cousas que foron; aquel para que, sendo mozo, sexa ao mesmo tempo un ancián pola ausencia de temor ao porvir. (Epicuro, Carta a Meneceo)

Actividade

(14)

Crear lazos

A relación de "coidado" establece lazos profundos e persoais entre os seres humanos, e entre

os humanos e outras realidades.

Na obra O principiño (cap. XXI), de Antoine de Saint-Exupéry, cóntase a historia dun raposo

que lle pide ao principiño que o coide:

- Que significa "coidar"? -pregúntalle o neno.

- É unha cousa demasiado esquecida -dixo o raposo-. Significa "crear lazos". - Crear lazos?

- Claro -dixo o raposo-. Aínda ti non es para min

máis ca un neno parecido acen mil outros nenos. Eu non te necesito. E ti tampouco me necesitas. Só son para ti un raposo coma cen mil outros raposos. Pero se ti me coidas, necesitarémonos un ao outro. Ti serás para min único no mundo. Eu serei para ti único no mundo. Só se coñecen as cousas que se coidan. Os homes non teñen tempo de coñecer nada. Mercan as cousas xa feitas na tenda. Pero

como non existen tendas de amigos, os humanos non teñen amigos. Se ti queres un amigo, tes que coidalo!

Actividades

3. Que quere dicir “crear lazos” neste texto?

4. Explica detalladamente o razoamento do raposo.

A actitiude feminia

Carol Gilligan defendeu unha interesante idea de ética. Considera que hai unha profunda

diferenza entre o modo masculino e o modo feminino de enfrontarse cos problemas. A actitude

masculina réxese pola xustiza. A actitude feminina réxese polo coidado:

A moral dos dereitos baséase na igualdade e céntrase na comprensión da

imparcialidade, mentres que a ética da responsabilidade se basea no concepto de

igualdade e o recoñecemento das diferentes necesidades. Mentres que a ética dos

dereitos é unha manifestación de igual respecto, que equilibra os dereitos dos outros e

do eu, a ética da responsabilidade baséase no entendemento que fai xurdir a compaixón e o coidado.

(

GILLIGAN, Carol, A moral e a teoría)

Actividades

5. Explicaa diferenzaque estableceGilliganentre“moral dosdereitos" e "ética da responsabilidade".

Non parece, con todo, que o coidado haxa de ser un comportamento exclusivamente feminino.

Homes e mulleres debemos exercelo, porque "coidar é o comportamento adecuado ante o que

Referências

Documentos relacionados

Pelo fato de não haver em nosso ordenamento jurídico uma regulamentação trabalhista ao empregado doméstico, utilizavam-se o código civil de 1916, no que

Os testes de desequilíbrio de resistência DC dentro de um par e de desequilíbrio de resistência DC entre pares se tornarão uma preocupação ainda maior à medida que mais

A dissertação que originou essa Sequência Didática como Produto Educacional, tem como foco principal analisar a contribuição dos espaços não-formais mapeados em Vila

A Escala de Práticas Docentes para a Criatividade na Educação Superior foi originalmente construído por Alencar e Fleith (2004a), em três versões: uma a ser

O objetivo do curso foi oportunizar aos participantes, um contato direto com as plantas nativas do Cerrado para identificação de espécies com potencial

Os resultados deste estudo permitem afirmar melhora significativa na qualidade funcional dos pacientes, por meio da sua auto avaliação após a aplicação de toxina

Esta pesquisa discorre de uma situação pontual recorrente de um processo produtivo, onde se verifica as técnicas padronizadas e estudo dos indicadores em uma observação sistêmica

Box-plot dos valores de nitrogênio orgânico, íon amônio, nitrito e nitrato obtidos para os pontos P1(cinquenta metros a montante do ponto de descarga), P2 (descarga do