• Nenhum resultado encontrado

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN"

Copied!
6
0
0

Texto

(1)

PROTOCOLO USO PISTOLAS

INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

(2)

ÍNDICE

1.- USO ... 1 1.1.– SISTEMÁTICA DE TRABALLO ... 1 1.1.1.– Calibración ... 1

(3)

1.- USO

As pistolas de intradermotuberculinización están destinadas ao uso veterinario para a inoculación de tuberculina bovina ou aviar en gando vacún e/ou cabrún.

1.1.– SISTEMÁTICA DE TRABALLO

Os equipos de campo farán unha verificación contínua do correcto funcionamento das pistolas e cando se detecten erros, ruidos, consumos excesivos de tuberculina, si despois da inoculación non se aprecia ao tacto un pequeño vulto de tamaño dun grao no lugar de pinchado, fallos mecánicos, … é dicir, un funcionamento irregular, procederase á calibración das mesmas. Si nesta calibración sae un resultado non apto, hay que entregar a pistola ao xefe de equipo, e este debe realizar outra calibración para verificar que é non apta, co que habería que devolvela ao almacén.

No caso de que se faga calibración deberase rexistrar no documento de calibración correspondinte.

As pistolas manteranse sempre limpas, no momento que non se use ou no caso de ter que devolvelas encherase o émbolo de auga para evitar que se seque a goma.

1.1.1.– Calibración

As pistolas calibraranse sempre que: Fagan un ruido raro

Consumo excesivo de tuberculina

Inoculación irregular de tuberculina nos animais. Se detecte un mal funcionamento.

Os xefes de equipo calibraran todas as pistolas de cada equipo a lo menos unha vez ao mes, indicando o resultado da calibración, o nome do xefe de equipo, data e sinatura.

As calibracións realizadas quedarán reflectidas no documento de calibración cubríndose un para cada pistola e mes. Sempre deberase cubrir o documento indicando os disparos acumulados de cada semana..

A calibración das pistolas deberase facer enchendo o émbolo con 4ml de auga destilada e disparando de forma continua contando cántos disparos realiza a pistola con eses 4ml, incluíndo nesa conta os 10 disparos iniciais. O resultado deberá ser de 40 disparos considerando un erro de máis/menos 2 disparos.

A) Documento de calibración

No documento de calibración haberá que indicar o nome e código dos veterinarios membros do equipo, o mes no que se levaron a cabo as calibracións o número de serie da pistola, modelo e provincia á que pertence o equipo.

No apartado de inoculacións acumuladas indicaranse o total de inoculacións realizadas con esa pistola no mes/meses anterior/es. No caso de que a pistola veña recentemente calibrada do almacén o número de inoculacións acumuladas será 0.

(4)

O documento presenta varios apartados que deben ser cubertos da seguinte forma:

- Período: indicarase o número da semana que corresponde á calibración ou ó número de

disparos acumulados semanais apuntados.

- Nº. Inoculacións período: número total de disparos realizados pola pistola

(inoculacións realizadas + disparos de calibración ). Indicarase os disparos por separado. Non se indicarán todos os disparos xuntos.

Ex.:Sí -> 210 + 40 disparos, Non -> 250 disparos

Cubrirase sempre este apartado cos disparos acumulados da semana, aínda que o equipo non realice ningunha calibración..

- Verificación: Apto / Non apto: Segundo o número de disparos realizados na

calibración a pistola será apta ou non; así se o número de disparos de calibración é superior ou inferior a 40 (tendo unha marxe de erro de +-2) consideraremos a pistola como “non apta”, no outro caso considerarémola como “apta”.No caso de non realizar calibración na semana consideraremos a pistola como “apta”.

- Data verificación período data na que se leva a acabo a calibración da pistola.

- Responsable verificación (nome e apelidos): nome da persoa encargada da calibración

da pistola. No caso de deixar en branco este apartado considerarase ao titular do material como responsable da verificación.

- Sinatura

- Observacións: cubrirase este apartado no caso de que a pistola sexa enviada a reparar,

indicándose os motivos: “descalibrada”, “rotura de muelle”, “perda de líquido”,.etc.

- Verificación mensual xefe de equipo: o xefe de equipo debe indicar neste apartado a

calibración mensual que realiza, indicando se a pistola é apta ou non, a data da calibración, nome e apelidos e entre parénteses indicar o número de disparos realizados, e sinatura.

- Nº. Inoculacións acumuludas mensuais:sumatorio dos disparos indicados na columna

“Nº inoculacións período” e dos disparos realizados polo xefe de equipo (inclúense os disparos de calibración do equipo).

- Nº. Inoculacións acumuladas pistola: sumatorio dos disparos indicados no apartado

“Nº.Inoculacións período” e dos disparos indicados no apartado “Nº Inoculacións acumuladas mensuais”.

- Asinado: nestes apartados deberán asinar o titular da pistola e o xefe de equipo. No

caso de que o titular da pistola non poda asinar, asinará o compañeiro sempre indicando “PO”

Este documento se entregará ao final de cada mes correctamente cuberto ao xefe de equipo. No caso de que a pistola supere os 3000 disparos acumulados entregarase nese momento este documento sen agardar a fin de mes.

O equipo deberá portar sempre este documento cuberto cos seus datos e cos disparos acumulados que ten a pistola ao comezo do mes.

B) Devolución da pistola

As pistolas serán devoltas nos casos de rotura dalgunha das pezas, perda de líquidos, descalibrado, superar un acumulado de 3000 disparos,...

(5)

No caso de que haxa que devolver a pistola por calquera motivo, meterase dentro da caixa da pistola:

- Documento de calibración asinado

- Documento de devolución asinado da pistola indicando que está avariada

- Documento de material avariado.

No caso de entregar unha pistola que funcione a outro equipo ou ao xefe de equipo, haberá que introducir na caixa da pistola un documento de calibración en branco no que se indiquen os disparos acumulados ata a devolución.

(6)

DATOS DA PISTOLA DE IDTB

Nº SERIE (1) PROVINCIA MES

CÓDIGO

DERMOJET  ISAJET  MC LINTOCK 

APTO NON APTO

                Observacións: NOTAS: 1 2 3 4

5 Sempre se cumprimentara a data da ultima calibración, a cal non pode ser nunca superior a un ano 6 Anotaranse o número de inoculacións acumuladas da pistola no ultimo parte mensual 7 Anotaranse o número de inoculacións realizadas con esa pistola nese periodo. 8

9 Anotaranse o número de inoculacións acumuladas con esa pistola ao final do mes (Nº INOCULACIÓNS ACUMULADAS MES ANTERIOR + Nº INOCULACIÓNS ACUMULADAS MES ACTUAL)

RAGAL 2012

REXISTRO CALIBRACIÓN PISTOLAS DE INTRADERMOTUBERCULINACIÓN

ASINADO: RESPONSABLE Vº Bº XEFE DE EQUIPO

Nº INOCULACIÓNS ACUMULADAS (6)

DATA ULTIMA CALIBRACIÓN (5) MODELO

VERIFICACIÓN MENSUAL XEFE DE EQUIPO TECNICO 1 (TITULAR PISTOLA) (2,3)

TECNICO 2 (4)

DATA: 01/03/2012 REVISIÓN 01

2012

REXISTRO CALIBRACIÓN PISTOLAS DE INTRADERMOTUBERCULINACIÓN 2012 REV01

En caso de recibir unha pistola sen este documento, debe de comunicalo inmediatamente ao seu Xefe de equipo

NOME E APELIDOS

SINATURA VERIFICACIÓN (8)

PERIODO Nº INOCULACIÓNS PERIODO (7) DATA VERIFICACIÓN PERIODO RESPONSABLE VERIFICACIÓN (NOME E APELIDOS)

Nº INOCULACIÓNS ACUMULADAS MENSUAIS Nº INOCULACIÓNS ACUMULADAS PISTOLA (9)

Realizarase unha verificación mensual do xefe de equipo do número de disparos que realiza a pistola con 4 ml de auga destilada. Desbotaranse os primeiros 10 disparos, comezandose a contar dendo o número 11. No caso que o número de disparos non sexa 30±2 a pistola non é apta.

O que recolle a pistola é o responsable do documento.

Cubrirase un único parte mensual por pistola e será entregado ao seu xefe de equipo con esta periodicidade ou ata que che o limite de disparos (3.000) Sinalarase o outro usuario da pistola no caso de ser diferente ao seu responsable

Referências

Documentos relacionados

Não utilizar em sistemas de ar comprimido e outros gases; A Linha TIGREFire® não pode ser instalada exposta diretamente à luz solar, mesmo que esteja abaixo de telhas transparentes;

Madagáscar já possui um sistema de Janela Única Electrónica, há alguns anos, com um modelo diferente do sis- tema desenhado para Moçambique, composto por dois ambientes

A teoria das filas de espera agrega o c,onjunto de modelos nntc;máti- cos estocásticos construídos para o estudo dos fenómenos de espera que surgem correntemente na

Pois, “quanto à máquina de guerra em si mesma, parece efetivamente irredutível ao aparelho de Estado, exterior a sua soberania, anterior a seu direito: ela vem de outra

• Números de disparos: Para estética são 4000 com ponteira metálica e 2000 com ponteira de plástico e para reabilitação 2000 disparos com ponteira metálica. • Área de

acompanhador. No momento da prova haverá um pianista à disposição dos candidatos, para uma eventual necessidade. PROVA PRÁTICA DE COMPOSIÇÃO E REGÊNCIA – o candidato

A Doença de Behçet é uma perturbação do sistema imunitário (sistema de defesa do organismo) que se caracteriza por um conjunto de sinais e de sintomas localizados sobretudo na pele,

O nível de proteção é o 3A, o máximo permitido por lei para uso civil, que deve suportar disparos de submetralhadoras 9 mm e pistolas Magnum de calibre 44,