• Nenhum resultado encontrado

Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para

No documento P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A (páginas 150-155)

DISTRIBUCIÓN TEMPORAL

UNIDADE 11: Disse-me que lhe dissesse que ela não o tinha dito

F) CONTIDOS DISCURSIVOS ( Avanzado Integrado B2 )

10. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para

compoñer e revisar de xeito autónomo os propios textos.

 Trátase con este criterio de avaliar en todas as producións do alumnado unha razoable corrección na que se manifeste un grao suficiente de aprehensión do funcionamento dos mecanismos de cohesión (as familias léxicas, as referencias internas de tipo léxico, os nexos e conectores), da gramaticalidade, da coherencia e da adecuación, utilizando as convencións básicas propias de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto e as estratexias de progresión do tema, de maneira que os textos producidos sexan facilmente comprensibles para o/a lector/a. Valorarase que a mensaxe conteña toda a información necesaria e que reflicta con precisión as necesidades ou intencións do emisor.Tamén se valorará o dominio das normas de presentación dos textos escritos: normas gramaticais, ortográficas e tipográficas.

2.3.5. SECUENCIACIÓN e

DISTRIBUCIÓN TEMPORAL

(Avanzado Integrado = B2)

Horas totais do curso no ano lectivo 2017-18:

120 horas segundo a lexislación. Horas reais: 130,5 horas (29 semanas, 87 dias). Distribución orientativa:

Primeiro cuadrimestre

Outubro-Febreiro

(de 21 de Setembro a 27 de Xaneiro) 78 horas

Segundo cuadrimestre

Febreiro-Xuño

(de 11 deFebreiro a 27 de Maio) 67 horas

A obrigatoriedade legal de realizar unha PROBA PARCIAL DE PROGRESO no mes de febreiro e outra PROBA TERMINAL DE CERTIFICACIÓN no mes de xuño, convida a realizar, en principio, unha partición ou distribución de todos os contidos en dous

cuadrimestres. Dentro deles, ainda, como vimos antes, é posible unha teórica

distribución das unidades didácticas, ben entendido que os obxectivos e as estratexias non son susceptibles dunha fragmentación e secuenciación tan clara pois a todo o momento poden entrar en xogo, nas diferentes tarefas que se propuxeren, diversos obxectivos en simultáneo (non isolados) e tamén en concorrencia con diversas estratexias conxuntas.

Os contidos (e as estratexias) dan sentido ás competencias parciais de diversos tipos que o alumno terá que desenvolver para atinxir os obxectivos propostos. Estes contidos (e estratexias) do nivel avanzado que aqui ficaron establecidas foron expostos en partes independentes aínda que en situacións reais de comunicación todos estes

contidos (todas estas competencias parciais) se activan simultaneamente. Por

iso, no proceso de ensino-aprendizaxe terán que integrarse nun todo significativo a partir dos obxectivos propostos para cada destreza, de maneira que o alumno adquira as competencias necesarias a través das actividades e tarefas comunicativas que selle propuxeren.

Por outra parte, a organización de cada unha destas partes de contidos (nocionais, socioculturais, sociolingüísticos, lingüísticos <de léxico-semántica, morfosintaxe, fonética-fonoloxía e ortografía>, funcionais e discursivos) non determina

o momento dentro do curso en que teñan que aparecer no proceso de ensino- aprendizaxe.

É máis: os contidos nocionais e lingüísticos <de léxico-semántica, morfosintaxe, fonética, fonoloxía e ortografía> non se verán nas aulas directamente pois a pesar de estaren estruturados en diversos puntos serán tratados indirectamente nas tarefas e actividades que se realizaren, de maneira diversa e global, porque o proceso de ensino- aprendizaxe se orientará nun sentido máis comunicativo do que analítico ou descritivo, pondo en destaque o uso práctico da lingua máis do que a simple comprensión intelectual das estruturas gramaticais. Por isto mesmo, resultaría falso organizar estes

contidos por unidades didácticas, da mesma meneira que, por unidades didácticas, resulta imposible organizar os obxectivos ou mesmo separar ou

fragmentar as catro destrezas.

O máis que se pode chegar a facer, unicamente nos contidos socioculturais e nos léxico-semánticos e sempre nun sentido amplo e orientativo, é asignar ou temporalizar

unha parte, a metade, para o primeiro cuadrimestre (primeira avaliación de febreiro) e a parte restante (xunto coa primeira) para o segundo cuadrimestre (avaliación final de xuño). Así era, por exemplo, (e unicamente nos contidos léxico-

semánticos(1), que aparecían co nome de “contidos temáticos” ) no antigo Real Decreto

423/2005 (2) onde se dicia: “Estas áreas temáticas deberán ser tidas en conta para

futuros desenvolvementos curriculares así como para a programación dos departamentos didácticos”, o cal queria dicir que é unicamente aquí onde se pode

claramente facer un reparto, unha distribución e unha temporalización da materia, arredor da cal xirará o resto da carga de contidos.

(1) Estes contidos léxico-semánticos foron e son tamén designados co nome de "áreas lexicais", "tópicos vocabulares" e mesmo "contidos temáticos".

(2) REAL DECRETO 423/2005, de 18 de abril, por el que se fijan las enseñanzas comunes del nivel básico de las enseñanzas de idiomas de régimen especial, reguladas por la Ley Orgánica 10/2002, de 23 de diciembre, de Calidad de la Educación (BOE nº 103, de 30-04-2005).

Mais claramente consta agora no Decreto 191/2007 onde se establece a ordenación actual do ensino de idiomas de réxime especial, que no Anexo I, Nivel Básico, nº 5 orientacións metodolóxicas, e no Anexo II, Nivel Intermedio, nº 5 orientacións metodolóxicas, ao consagrar a focaxe comunicativa e práctica orientada á acción mediante “a activación da variedade de procesos e habilidades necasarios para levar a cabo tarefas

neas que se realicen actividades de comprensión, expresión e interacción que engloben

todos os compoñentes curriculares (obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación)” e ainda acrecenta mais adiante que “non se trata de ver nas aulas os distintos contidos de forma illada. Ainda que, por razóns estruturais, estes aparezan no currículo separadamente, terán que ser integrados na realización das diferentes tarefas e actividades, para preservar en todo momento o sentido comunicativo no proceso de ensino aprendizaxe”. Estas

premisas son perfectamente aplicábeis para este nivel avanzado, xa que se utilizará mesma focaxe comunicativa e práctica orientada á acción, como nos niveis básico e intermedio anteriores.

Item plus, no nº 2 dos indicados Anexos I e II, dedicado aos elementos do currículo,

(perfectamente aplicábeis a este nivel avanzado, como xa foi dito antes) fica ben claro que

os contidos “carecen de entidade propia pois unicamente deben ser considerados na medida en que son os instrumentos necesarios para acadar o grao de dominio lingüístico establecido nos criterios de avaliación e, xa que logo, os obxectivos” e mais

adiante que “os departamentos didácticos deberán considerar os obxectivos e os

criterios de avaliación como o punto de partida e o centro das súas programacións: as tarefas, os contidos, as actividades e instrumentos de avaliación, os

materiais e o enfoque metodolóxico polo que se opte deberán estar, en todo caso, supeditados a eles”.

2.4. N I V E L C 1

En abril de 2015 o departamento de portugués desta EOI solicitou autorización para impartir o nivel C1 (do QECR), pois é unha oferta non obrigatoria para as EOI de Galicia, de momento. A solicitude foi aprobada e comezou a impartirse este nivel no ano lectivo seguinte. Estas foron (e son) as razóns que xustificaron a tal solicitude e a impartición deste nivel C1 de Portugués na nosa EOI:

Os niveis comuns de referencia da proficiencia, isto é, da comprensión, expresión, interacción e mediación, tanto orais como escritas, definidos no QECR son seis: A1, A2, B1, B2, C1 e C2. As Escolas Oficiais de idiomas non cumprirían totalmente a función para a que actualmente están destinadas se unicamente ofrecesen cursos dos niveis A e B. Así pois, a oferta de cursos dos niveis C1 e C2 completaría o conxunto dos niveis de proficiencia esperados segundo o MECR. Non ofrecer os niveis C no idioma portugués (C1 e C2) nas EOI galegas levaría consigo que os alumnos con certificación B2 en portugués, se quixesen obter unha certificación superior, tivesen que acudir a unha EOI de fora de Galicia ou a unha institución privada (se houber).

Por outro lado, os idiomas galego, español para estranxeiros e portugués presentan unhas "circunstancias especiais" (facilidade de aprendizaxe, proximidade coa lingua dos alumnos -estruturas e contidos socioculturais- etc.) que os habilitan para poder ofrecer nestes idiomas cursos integrados(7), ou sexa, de unicamente un ano de duración en vez dos

dous requiridos para outros idiomas (así: básico, intermedio e avanzado integrados). Por esta mesma razón, resultaría pouco comprensible que no idioma portugués non se ofrecese a posibilidade de continuar cos cursos que certifican os niveis C1 e C2 (como si acontece cos idiomas español para estranxeiros e galego, con oferta actual do nivel C1).

Por último, a necesidade de ofrecer o nivel C1 resulta tamén do feito de dar sentido á lexislación vixente, concretamente a Lei Orgánica para Mellora da Calidade Educativa (LOMCE)

(7) Artº 15.3. Cursos de nivel integrado da ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se

desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. (DOG Núm. 157 Xoves, 18 de agosto de 2011 Páx. 23373)

Na espera dos curriculos oficiais que serán establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, teremos en conta, para a realización da programación didáctica do curso de PORTUGUÊS C1, o currículo que para este nivel estableceu o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no anexo da Orde EDU/3377/2009, do 7 de decembro (BOE do 16 de decembro).

Este nivel C1 terá como referencia, obviamente, as competencias propias do nivel C1, segundo se definen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa.

Ainda, serán tamén tidos en conta a seguinte lexislación e documentos:

No documento P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A (páginas 150-155)