• Nenhum resultado encontrado

P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2021

Share "P R O G R A M A C I Ó N D I D Á C T I C A"

Copied!
263
0
0

Texto

(1)

E.O.I. da Coruña

DEPARTAMENTO DE PORTUGUÉS

P R O G R A M A C I Ó N

D I D Á C T I C A

2017 – 2018

Departamento de PORTUGUÊS

(2)

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN

1.1. Corpus lexislativo e nomenclaturas 1.2. Relación de profesores

1.3. Grupos e número de alumnos 1.4. Horarios

2. PROGRAMACIÓN POR NIVEISA2,B1,B2,C1

Obxectivos,Contidos,Estratexias,Avaliación

2.1 NÍVEL BÁSICO 2.1.1. Obxectivos

2.1.1.1 Obxectivos xerais nas 4 Componentes 2.1.1.2 Obxectivos específicos nas 4 Comp. 2.1.2. Estratexias A) de aprendizaxe B) de expresión C) de comprensión D) de interacción 2.1.3 Contidos 2.1.3.1 S ocioculturais e Sociolingüísticos 2.1.3.2 Funcionais 2.1.3.3 Discursivos 2.1.3.4 Lingüísticos 2.1.3.4.1. Léxico-semánticos 2.1.3.4.2. Fonéticos 2.1.3.4.3. Ortográficos 2.1.3.4.4. Morfosintácticos

2.1.4 Criterios de avaliación nas 4 destrezas e competencias mínimas esixíbeis para

aprobar e obter a certificación A2) 2.1.5 Secuenciación e distribución temporal en 12 Unidades Didácticas

2.2 NÍVEL INTERMEDIO 2.2.1 Obxectivos

2.2.1.1 Obxectivos xerais nas 4 Componentes 2.2.1.2 Obxectivos específicos nas 4 Comp. 2.2.2. Estratexias

2.2.2.1 de aprendizaxe (metacognitivas e cognitivas)

2.2.2.2 de comunicación (planificación, execución, controlo e reparación)

2.2.3. Contidos 2.2.3.1 Socioculturais 2.2.3.2 Sociolingüísticos 2.2.3.3 Funcionais 2.2.3.4 Nocionais 2.2.3.5 Lingüísticos 2.2.3.5.1. Fonéticos 2.2.3.5.2. Ortográficos 2.2.3.5.3. Morfosintácticos 2.2.3.5.4. Léxico-semánticos 2.2.3.6 Contidos Discursivos A) Coherencia B) Cohesión

C) Repertorio de Textos (Orais e Escritos)

2.2.4 Criterios de avaliación nas 4 destrezas e competencias mínimas esixíbeis para aprobar e obter a certificación B1)

2.2.5 Secuenciación e distribución temporal en 12 Unidades Didácticas

2.3 NÍVEL AVANZADO 2.3.1 Obxectivos

2.3.1.1 Obxectivos xerais nas 4 Componentes 2.3.1.2 Obxectivos específicos nas 4 Comp. 2.3.2 Estratexias

2.3.2.1 de aprendizaxe (metacognitivas e cognitivas)

2.3.2.2 de comunicación (planificación, execución, controlo e reparación) 2.3.3 Contidos 2.3.3.1 Socioculturais e Sociolingüísticos 2.3.3.2 Funcionais 2.3.3.3 Nocionais 2.3.3.4 Lingüísticos a) Léxicos e Semánticos b) Contidos Fonéticos c) Contidos Ortográficos d) Contidos Morfosintácticos e) Organización do Discurso f) Contidos Discursivos 2.3.4 CRITÉRIOS DE AVALIACIÓN e MÍNIMOS EXIXIBLES para obter a certificación B2 de NIVEL AVANZADO 2.3.5 Secuenciación e distribución temporal

(3)

2.4 NÍVEL C1

2.4.1 Obxectivos

2.4.1.1 Obxectivos xerais nas 4 Componentes 2.4.1.2 Obxectivos específicos nas 4 Comp. 2.4.2. Estratexias 2.4.2.1 de aprendizaxe 2.4.2.2 de comunicación 2.4.3 Contidos e Competencias 2.4.3.1 Xerais a) Socioculturais b) Nocionais 2.4.3.2 Comunicativos a) Sociolinguísticos b) Pragmáticos e funcionais 2.4.3.3 Linguísticos e gramaticais a) Morfosintaxe b) Fonética-fonoloxía e ortografía c) Léxico e semántica d) Competencias discursivas 2.4.4 CRITÉRIOS DE AVALIACIÓN e MÍNIMOS EXIXIBLES para obter a certificación C1

2.4.5 Secuenciación e distribución temporal 3. AVALIACIÓN

3.1. O que é avaliar? 3.2. Clases de avaliación

3.2.1. Avaliación inicial ou de diagnóstico 3.2.2. Avaliación formativa ou de regulación

(puntual ou continua)

3.2.3. Avaliación sumativa ou cualificativa (puntual, parcial ou final)

3.2.4. Avaliación continua ou continuada 3.2.5. Autoavaliación e co-avaliación 3.3. Avaliacións aplicábeis polo Departamento 3.4. Probas de Certificación: partes e %

4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA 4.1. Principios metodolóxicos

4.2. Abordaxe comunicativa por tarefas 4.3. Outras consideracións

5. RECURSOS DIDÁCTICOS 5.1. Material bibliográfico: livros de texto e apoio 5.2. Outros recursos

6. ATENDIMENTO Á DIVERSIDADE E ACCIÓN TUTORIAL 6. 1. Atendimento á diversidade 6.1.1. Diversidade de Niveis

6.1.2. Deversidade de capacidades sensoriais 6.1.3. Alunos non-galegos 6.2. Acción tutorial 7. ACTIVIDADES CULTURAIS E DE PROMOCIÓN DO IDIOMA 8. PROCEDEMENTOS DE COORDENACIÓN, AVALIACIÓN E REVISIÓN DO

DESENVOLVEMENTO E DOS RESULTADOS DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

9. PROCEDEMENTOS DE REALIZACIÓN DUNHA AVALIACIÓN INTERNA

Esta programación está organizada segundo o establecido no

Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010

(4)

1. INTRODUCIÓN

1.1. Corpus lexislativo e nomenclaturas

O ensino especializado de idiomas (que ten lugar nas Escolas Oficiais de Idiomas) está no presente ano lectivo 2017-2018 no oitavo ano desde que comezou o novo sistema e currículos.

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Maio, de Educación (doravante LOE ) regula nos seus artigos 59º a 62º o ensino de idiomas de réxime especial e establece que este se organizará en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Posteriormente ficaron establecidos os aspectos básicos do currículo que constitúe o respectivo ensino mínimo nos niveis intermedio e avanzado. Máis tarde, a Consellería de Educación, no Decreto 191/2007, de 20 de Setembro (DOG nº 196 de 09-10-07), estableceu a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio. E xa no ano seguinte foi publicado o Decreto 239/2008, de 25 de Setembro (DOG nº 210 de 29-10-08) onde se establece o currículo do nivel avanzado. Finalmente, no ano 2009 o Ministerio de Educación e Cultura estableceu o currículo dos niveis C1 e C2 para as EOI de Ceuta e Melilla e mais recentemente a LOMCE re-denomina os até agora utilizados niveis básico, intermedio e avanzado nas EOI de España.

Merece a pena explicitar brevemente esta desnecesaria confusión de nomes especialmente coa nova LOMCE e coa cada vez maior profusión de cursos de nivel C1. Así, tendo en conta a vixente LOE e en harmonía coas denominacións tradicionais ata agora utilizadas e establecidas nas EOI, o nome atribuído para este novo nivel C1 podería moi ben vir a ser: NIVEL SUPERIOR, que encaixa coa progresión suxerida nas indicadas denominacións dos niveis anteriores. Efectivamente, despois dos niveis Básico (A2),

Intermedio (B1) e Avanzado (B2) corresponderia culminar agora co nivel Superior (C). Mais na práctica, os cursos equivalentes ao nivel C1 das EOI son denominados

simplemente C1, co mesmo nome, portanto, do nivel correspondente do Consello de Europa. Así é, por exemplo, na comunidades autónomas de Andalucía (p. ex. EOI de Málaga), Extremadura (p. ex. EOI de Badaxoz), Cataluña (p. ex. EOI de Barcelona-Drassanes), Baleares (p. ex. EOI de Palma de Mallorca) e a propia Comunidade Autónoma

(5)

italiano, español para estranxeiros e portugés). Un caso á parte constitúe a Comunidade Autónoma do País Vasco(1) onde a denominación dos cursos do nivel C1 de MECR teñen o confuso e infeliz nome de "Nivel Aptitude"(1) (aparecendo ali o paradoxo de todos os alumnos con certificado dos niveis Básico, Intermedio ou Avanzado teren "aptitude" neses niveis, con cualificación de "apto", pero non teren o certificado de "nivel aptitude"). E, finalmente, a Comunidade Valenciana(2) estableceu xa con bon criterio para todos os cursos das Escolas Oficiais de Idiomas do seu territorio, as denominacións do documento do Consello de Europa, mais internacionais e esclarecedores (de A1 a C2) pois os novos da LOMCE provocarían ainda mais confusión como veremos a continuación.

Efectivamente, tendo en conta a actual LOMCE, a denominación para o curso de nivel C1 vai pasar a ser NIVEL AVANZADO-1 (!!) pois esta Lei re-denomina os diferentes niveis utilizando a mesma nomenclatura, isto é, atribúe ao niveis C1 e C2 a denominación de "niveis avanzados", creando así, loxicamente, unha desnecesaria e perturbadora confusión. Un alumno co actual certificado de nivel avanzado-B2 tería que matricularse no nivel seguinte, tamén en nivel avanzado, pero agora avanzado-C1. O mais práctico, sensato e eficaz sería utilizar o actual sistema da Comunidade Valenciana: as mesmas denominacións e nomenclatura utilizados no MECR.

Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)

Artigo único. Modificación da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifícase nos seguintes termos: (...)

Corenta e sete. O número 1 do artigo 59 queda redactado da seguinte maneira:

«1. As ensinanzas de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o uso adecuado dos diferentes idiomas, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, e organízanse nos niveis seguintes: básico, intermedio e avanzado. Estes niveis corresponderanse, respectivamente, cos niveis A, B e C do Marco común europeo de referencia para as linguas, que se subdividen nos niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2.

As ensinanzas do nivel básico terán as características e a organización que as administracións educativas determinen.»

____________________________________

(1) DECRETO 46/2009, de 24 de febrero, por el que se dispone la implantación de las enseñanzas de idiomas de régimen especial en la Comunidad Autónoma del País Vasco y se establece el currículo de los niveles Básico, Intermedio, Avanzado y Aptitud de dichas enseñanzas. (BOPV de 12 de marzo de 2009)

https://www.euskadi.eus/r47-bopvapps/es/bopv2/datos/2009/03/0901397a.pdf

(6)

A presente Programación Didáctica 2017-2018 do Departamento de Portugués da EOI da Coruña terá en conta, portanto, a seguinte lexislación:

 Con carácter xeral:

a) a LEI ORGÁNICA 2/2006, de 3 de maio, de educación. (LOE), (BOE nº 106, de 04-05-06.)

http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

b) o Real Decreto 1629/2006, de 29 de diciembre (BOE nº 4 de 04-01-07) por el que se fijan los aspectos básicos del currículo de las enseñanzas de idiomas de régimen especial reguladas por la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

http://www.boe.es/boe/dias/2007/01/04/pdfs/A00465-00473.pdf

c) o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 19 de novembro de 2010).

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/98ebc1f 45d1cc0e1c12577df0051afae/$FILE/22300D002P056.PDF

d) a Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dasescolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. (DOG do 18 de agosto de 2011).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110818/AnuncioC3F1-090811-5360_gl.pdf

e) Circular 3/2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2017-2018.

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/system/files/u13/lexislacion/Ci rcular matricula 17.pdf

 Con carácter específico:

a) o Decreto 191/2007, de 20 de Setembro (DOG nº 196 de 09-10-07) polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os

currículos dos niveis básico e intermedio.

www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20071009/Anuncio3D992_gl.pdf

b) o Decreto 239/2008, do 25 de setembro (DOG nº 210 de 29-10-08) polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas. www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20081029/Anuncio45A86_gl.pdf

(7)

c) a Guia para a elaboración das programación didácticas das EEOOII elaborada e publicada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación, e enviada às EOI en novembro de 2007. 70 páxinas. D.L.: C 3433-2007

d) a Orde do 8 de setembro de 2008 (DOG nº 187 de 26-09-08) pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080926/Anuncio3D02E_gl.pdf e a Corrección de erros da dita Orde (DOG de 23-10-08)

www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20081023/Anuncio43C22_gl.pdf

e) Orde do 19 de abril de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 30 de abril de 2012).

www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120430/AnuncioG0164-240412-0001_gl.pdf

Tamén, no que non se opuxer ao estipulado nas pezas legais anteriores:

f) a Circular 1/2009 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro e o Decreto 239/2008, do 25 de setembro.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXFP/ensinanzas_especiais/EEOOII/Circ ular_1_2009_Probas_certif_Idiomas.PDF

g) Resolución do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG do 28-05-2012).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120528/AnuncioG0164-1605120004_gl.pdf

Establece aínda o Decreto 239/2008, na súa parte dispositiva, que nas programacións didácticas se terán en conta as especificacións que se establecen na Lei

7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, en especial

o artigo 9.1º (DOG de 03-08-2004 e BOE de 21-09-2004), vixente até o 18 de febreiro de 2016 e derrogada pola letra a) do número 1 da disposición derrogatoria única, do Decreto lexislativo 2/2015 de 12 de febreiro polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (DOG de 17-02-2016). Polo tanto agora teremos en conta nesta programación didáctica o estipulado no artº 18

do citado texto refundido.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160217/AnuncioG0244-110216-0005_gl.pdf

Dispón tamén o Real decreto 239/2008 supra que se deben ter en conta nas programacións didácticas as prescricións do artigo 24 da LEI ORGÁNICA 3/2007, de

(8)

22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (BOE de 23-03-2007)

Acceso ao BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2007/03/23/pdfs/A12611-12645.pdf

e á versión en galego: https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2007/03/29/pdfs/A01203-01234.pdf

É preciso, antes de mais, afirmar que este departamento e esta programación cumpre totalmente o estipulado nestas pezas legais, e que mesmo o cumpría xa antes de se teren publicado, por ser unha práctica común neste departamento que se ven desenvolvendo desde hai moitos anos, isto é: por convición e non simplemente por imperativo legal.

Convén destacar aqui, finalmente, que todas estas pezas legais específicas das ensinanzas especializadas de idiomas foron tidas moi en conta para elaborar esta programación: nalgúns casos foron aproveitados fragmentos sen modificación ningunha

e noutros casos foron mais ou menos adaptados. E isto porque nos parece mais práctico

reunir nun único documento todo o referente ao currículo e programación en vez de estar manexando constantemente vários documentos, o cal sería incomodísimo tanto para docentes como para discentes.

Para unha información mais completa sobre lexislación, normas e documentos referentes a escolas oficiais de idiomas e línguas,

de ámbito galego:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2017.09.22_normativa_de_idiomas.pdf http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/lex_galega

de ámbito estatal: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/lex_estatal e finalmente documentos de interese de ámbito europeu:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/node/275

Os obxectivos, estratexias e contidos oficiais publicados nas pezas legais indicadas antes son comúns para todos os idiomas, salvo nos contidos fonético, ortográfico e gramatical. Non é difícil entender que o ensino e a didáctica do Português non pode ter os mesmos contidos e obxectivos que outros idiomas como o ruso, árabe ou o chinés, por exemplo, e, aínda máis, en Galicia reúne unhas características especiais e peculiares que o afastan das características do ensino e didáctica do Português en calquera outra parte do Estado, por razóns de sobra coñecidas. Efectivamente, un alumno galego sen coñecementos previos de portugués é capaz de ler un texto publicitario, un texto xornalístico, un documento oficial ou bancario, etc., en idioma portugués xa no primeiro curso e nos

(9)

considerábeis -en portugués- se o compararmos con outro alumno do Básico-1 doutro idioma que non sexa o galego (alemán, inglés, ruso,...) ou mesmo de portugués doutra E.O.I. de fóra do País Galego. Isto é debido, evidentemente, ao idioma propio desta Comunidade: O GALEGO. Dito doutro xeito: calquera alumno galego de Básico de Portugués está xa instalado per se , xa no comezo das clases, nun nivel A2 segundo se define no Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas (doravante QECR). 1 (utilizamos no Departamento de Portugués e nesta Programación, por razóns obvias, a versión portuguesa deste documento).

E se pormenorizarmos por destrezas, na comprensión de lectura ten xa de inicio un nivel mínimo B1 sen dúbida, como evidencian as notas desta destreza obtidas todos os anos en todos os niveis, non só 100% aprobados canto especialmente con notas superiores a 20 un 80% deles. O coñecemento máis ou menos profundo ou superficial, activo ou pasivo, deste idioma favorece grandemente a introdución no portugués e o estudio e comprensión deste idioma. É unha vantaxe considerábel. Mais non por iso podemos crer que non hai desvantaxes: hainas e importantes na fonética (tendencia a pronunciar á galega polo mínimo esforzo, etc.) na morfoloxía (confusións de terminacións verbais por diferenzas de pormenor, etc.) na sintaxe (rexencias nominais e verbais, etc.) e no léxico (falsos amigos, non verificación no dicionario ao codificar, etc.).

Aínda así, estas desvantaxes ou inconvenientes teñen moito menos forza e peso que as grandes vantaxes que supón o coñecemento do galego para dominar o portugués, pois esencialmente son o mesmo sistema lingüístico e medio camiño xa fica andado. Trátase, pois, de aprender unha nova norma dentro dun sistema lingüístico que xa debería ser coñecido polo alumno galego. Unha nova norma que sería a norma portuguesa, ou mesmo dúas normas, mais adiante: a portuguesa e a brasileira. A norma brasileira comentarase ocasional e puntualmente no Primeiro Nivel (Básico) en contraste coa norma do portugués padrón europeo; con algo mais de profundidade, no Nivel Intermédio, e máis polo miúdo, monograficamente mesmo, nos cursos de niveis avanzado e C1.

(1) O Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assesment, Strasbourg, Council of Europe, 2001 establece tres grandes niveis: A (utilizador elemental), B (utilizador independente) e C (utilizador experiente), subdivisíbeis aínda en dous niveis cada (A1, A2, B1, B2…). En Portugués está publicado por Edições ASA, Porto, 2002 ( Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas: Aprendizagem, Ensino, Avaliação) e ainda disponíbel na Internet con este hipervínculo: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/system/files/u11/Quadro_Europeu_Comum_Refer__ncia.pdf

(10)

Outro aspecto é necesario levar en conta na aplicación da didáctica do portugués nas E.O.I.: a asistencia ás clases, a pesar de ser obrigatoria, non conleva ningúnha sanción nin prexuízo para aqueles alumnos que deixan de vir ás clases a partir de determinada altura do ano, mesmo a partir do mes seguinte ao do comezo das clases, ou para aqueles que asisten con pouca asiduidade. Trátase dun ensino oficial, pero non obrigatorio. Isto é unha vantaxe, pois o voluntarismo dos alumnos ofrécelles sen dúbida unha maior responsabilidade, unhas expectativas e motivacións máis aliciantes que as existentes nos ensinos obrigatorios, aínda que debido a isto tamén son diferentes de un alumno para outro os motivos dos seus estudios de portugués, o porqué e para que desexan estudar este idioma (razóns profesionais nuns, complemento dos estudios noutros, trabar un curriculum mais completo, coñecemento da cultura portuguesa, frecuentes viaxes a Portugal, etc.). Isto implica tamén unha falta de homoxeneidade nos niveis de coñecemento de que parten os alumnos de Básico Integrado.

Así pois, a nosa programación ten un carácter esencialmente orientador, parte de supostos flexíbeis para facilitar a súa adaptabilidade á heteroxeneidade do alumnado; admite diversos enfoques e variadas formas de aplicación, recortes e aumentos. Pode, portanto, servir de punto de partida para a negociación entre profesor e alumnos. Téñase en conta que non se trata de esgotar exhaustivamente os temas, que o profesor deberá centrar o seu discurso só nos aspectos fundamentais de cada un deles, e terá que lle dar moito máis peso (dedicándolle moito máis tempo) á práctica do que á teoría.

Facemos nosas as orientacións dos textos lexislativos do Decreto 191/2007 onde se establece a ordenación actual do ensino de idiomas de réxime especial, que no Anexo I, Nivel Básico, nº 5 orientacións metodolóxicas, e no Anexo II, Nivel Intermedio, nº 5 orientacións metodolóxicas, ao consagrar a focaxe comunicativa e a práctica orientada á acción mediante “a activación da variedade de procesos e habilidades necasarios para

levar a cabo tarefas neas que se realicen actividades de comprensión, expresión e interacción que engloben todos os compoñentes curriculares (obxectivos,

contidos, metodoloxía e avaliación) ”

E ainda acrecenta mais adiante que “non se trata de ver nas aulas os

distintos contidos de forma illada. Ainda que, por razóns estruturais, estes aparezan no currículo separadamente, terán que ser integrados na realización das diferentes tarefas e actividades, para preservar en todo

(11)

premisas son perfectamente aplicábeis para todos os catro niveis desta programación didáctica, xa que se utilizará a mesma focaxe comunicativa e práctica orientada á acción.

Item plus, no nº 2 dos indicados Anexos I e II, dedicado aos elementos do currículo,

(perfectamente aplicábeis para toda esta programación, como xa foi dito antes) fica ben claro que os contidos “ carecen de entidade propia pois unicamente deben ser considerados na medida en que son os instrumentos necesarios para acadar o grao de dominio lingüístico establecido nos criterios de avaliación e, xa que logo, os obxectivos” e

mais adiante que “os departamentos didácticos deberán considerar os obxectivos e os

criterios de avaliación como o punto de partida e o centro das súas programacións: as tarefas, os contidos, as actividades e instrumentos de avaliación, os

materiais e o enfoque metodolóxico polo que se opte deberán estar, en todo caso,

(12)

2. Relación de profesores

PROFESORES: 3

 Paulo M. Valério Árias, funcionario do corpo de catedráticos de EOI, xefe do departamento.

 João Guisan Seixas, funcionario do corpo de profesores de EOI.

 José Luís Fernández Pérez, funcionario do corpo de profesores de EOI.

AUXILIAR DE CONVERSAÇÃO:

● No presente ano lectivo 2017-2018, non poderemos contar con auxiliar de conversación como teñen outros idiomas da EOI.

3. Grupos e número de alumnos

2017-2018 --- 11 GRUPOS --- 159 ALUNOS (-10)

PROFESSOR GRUPOS HORÁRIO ALUNOS PROFESSOR GRUPOS HORÁRIO ALUNOS

João Guisan Básico Itg. 10:30 - 12 14 (-4) José Luís F. Intermédio Itg. 10:30 - 12 13 (+4) João Guisan Básico Itg. 12 – 13:30 8 (+8) José Luís F. Intermédio Itg. 18:30 - 20 19 (-14)

José Luís F. Básico Itg. 15:30 - 17 9 (=) TOTAL INTERMÉDIO 32 (-8)

Paulo V. Básico Itg. 17 - 18:30 10 (-7) João Guisan Avanz. Itg. 10:30 - 12 12 (-2) Paulo V. Básico Itg. 18:30 – 20 18 (=) João Guisan Avanz. Itg. 18:30 - 20 25 (+10)

José Luís F. Básico Itg. 20 – 21:30 19 (-3) TOTAL AVANZADO 37 (+8)

TOTAL BÁSICO 78 (-6) João Guisan C 1 16:30-20:30 12 (-4) TOTAL C1 12 (-4)

(13)

4. Horarios

Professor JOÃO GUISAN --- sala 18

2ª-f. 3ª-f. 4ª-f. 5ª-f. 6ª-f. 9 - 10:30

10:30 - 12 Básico-Itg Básico-Itg Básico-Itg

12 - 13:30 Básico-Itg Básico-Itg Básico-Itg

13:30 - 14 Tut (1:30-2) CoA (1:30-2) CoA (1:30-2)

3:00 – 3:30 EP (3-3:30)

3:30 – 4:30 EP (3:30-4:30)

4:30 - 6:30 C-1 C-1 Tut (6-6:30)

6:30 - 8 Avan-Itg Avan-Itg Avan-Itg

8 - 9:30 CoA (8-8:30) CoA (8-8:30) EP (8-8:30) EP: Elaboração de Provas de Certificação Tut: Tutoria CoB: Coordenador de Básico

Professor JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ P.

15:30 e 17:00 sala 23 --- 18:30 salas L1-23-L1 --- 20:00 sala 17

2ª-f. 3ª-f. 4ª-f. 5ª-f. 6ª-f. 9 - 10:30

10:30 - 12 12 - 13:30

3:30 - 5 Básico-Itg Tut (4:30-5) Tut (4:30-5) Básico-Itg Básico-Itg

5 - 6:30 Interm-Itg Interm-Itg Interm-Itg EP (17:00-19:00)

6:30 - 8 Interm-Itg Interm-Itg Interm-Itg CoI (18:30-20:30)

8 - 9:30 Básico-Itg Básico-Itg Básico-Itg

EP: Elaboração de Provas de Certificação Tut: Tutoria CoI: Coordenador de Intermédio

Professor PAULO VALÉRIO -- 10:30 Laborat-1 -- 17:00 e 18:30 salas 21-21-L1 2ª-f. 3ª-f. 4ª-f. 5ª-f. 6ª-f. 10:00 XD (10-10:30) EP (10-10:30)

10:30 Interm-Itg XD (10:30-12) Interm-Itg Interm-Itg

12:00 Tut (12-12:30) XD (12-12:30) CoP (12-13)

16:00 XD (4-5) CoP (4-5) Tut (4:30-5)

5 - 6:30 XD (5-6) Básico-Itg Básico-Itg Básico-Itg

6:30 - 8 Básico-Itg Básico-Itg Básico-Itg

8 - 8:30 EP (8-8:30) EP (8-8:30) EP (8-8:30) EP: Elaboração de Provas de Certificação Tut: Tutoria

(14)

2.1. BÁSICO INTEGRADO

(1º + 2º = A2)

O nivel básico presentará as características do nivel de competencia A2, segundo este nivel se define no QECR.

O nivel básico ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de maneira eficaz e apropiada en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos. Este nivel de uso do idioma permitirá igualmente actuar en situacións cotidianas de comunicación como intermediario entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de forma directa. O Nivel Básico é ofrecido nesta EOI da Coruña nun único ano lectivo, o denominado BÁSICO INTEGRADO (segundo o estipulado no artº 15. 3 da ORDE do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve

o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial).

2.

PROGRAMACIÓN

● POR NÍVEIS A2, B1, B2, C1

Obxectivos, Contidos, Estratexias e

Avaliación (mínimos)

(15)

2.1.1. OBXECTIVOS

2.1.1.1. OBXECTIVOS XERAIS (nas 4 competências)

a) Comprensión do oral.

Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos breves, referidos a asuntos da vida cotidiana, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorcida.

b) Expresión e interacción orais.

Producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotidiana, tanto en comunicación cara a cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de forma

comprensible, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación.

c) Comprensión de lectura.

Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles relevantes en textos breves referidos a asuntos da vida cotidiana, de estrutura sinxela e clara, nunha variedade de lingua estándar.

d) Expresión e interacción escritas.

Escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotidiana, nos que se pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais.

2.1.1.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

(nas 4 competências)

a) Comprensión do oral.

1. Comprender frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas con que se estea moi familiarizado sempre que se fale de xeito pausado e ben

(16)

2. Seguir un texto breve articulado con claridade, con xeito e con pausas, no que se utilicen expresións sinxelas e habituais referidas a temas moi coñecidos ou a necesidades inmediatas.

3. Comprender o sentido xeral e a información específica predicible de conversas

básicas sobre temas cotidianos que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de tema.

4. Comprender o significado global e as informacións relevantes de mensaxes gravadas sinxelas que relaten experiencias persoais e predicibles, articuladas lentamente e nunha linguaxe estándar.

5. Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e sinxelas, referidas a temas habituais e coñecidos.

6. Comprender o sentido xeral e a información esencial predicible de textos audiovisuais sinxelos, cando exista o apoio de imaxes moi redundantes.

7. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

b) Expresión e interacción orais.

1. Establecer contactos sociais moi breves e desenvolverse nas relacións sociais

habituais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando e recoñecendo fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía, utilizando expresións básicas moi habituais adecuadas á situación e aos interlocutores.

2. Presentarse e intercambiar información básica e sinxela sobre si mesmo e sobre outras persoas, e expresar gustos, preferencias e intereses sobre temas moi cotidianos.

3. Participar en conversas moi básicas sobre temas predicibles, facendo invitacións e propostas e reaccionando adecuadamente ante elas, e expresar sentimentos e opinións de forma básica.

4. Interaxir para obter ou ofrecer bens e servizos ligados a necesidades inmediatas sempre que se fale a modo e con estruturas moi sinxelas e habituais, e reaccionando adecuadamente.

5. Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotidianas, sinxelas, propias de situacións e temas coñecidos, facéndose entender ofrecendo ou solicitando información básica.

6. Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos oíntes se llas repiten e se lle axudan coas respostas.

(17)

relación con asuntos cotidianos; e expresar de forma breve a opinión, as crenzas ou suxestións sobre un tema coñecido.

8. Solicitar a colaboración do interlocutor e utilizar estratexias para asegurar a comunicación.

c) Comprensión de lectura.

1. Comprender textos que inclúan ou soliciten información persoal básica.

2. Comprender instrucións breves e sinxelas, e indicacións, especialmente se contan con apoio visual.

3. Comprender mensaxes breves que conteñan informacións moi sinxelas relacionadas con actividades e situacións da vida cotidiana.

4. Comprender correspondencia persoal moi breve e sinxela e tipos básicos de correspondencia sobre temas cotidianos.

5. Comprender o sentido global e localizar información relevante e predicible en textos pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia.

6. Comprender o sentido xeral e identificar información relevante en textos xornalísticos breves e sinxelos, que describan feitos e acontecementos coñecidos, especialmente se contan con apoio visual.

7. Comprender textos instrutivos, argumentativos, descritivos e narrativos sinxelos, ben estruturados e en lingua estándar.

8. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

d) Expresión e interacción escrita.

1. Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal.

2. Tomar notas e escribir mensaxes moi breves e sinxelas a partir dunha información moi sinxela e predicible.

3. Escribir mensaxes sinxelas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con actividades cotidianas e de inmediata necesidade.

4. Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotidianos e habituais nos diferentes ámbitos de actividade social.

5. Describir de forma sinxela lugares, obxectos e persoas, e narrar feitos e experiencias, así como expoñer plans e presentar proxectos relacionados con temas cotidianos.

6. Intercambiar correspondencia breve e sinxela, sobre temas predicibles relacionados coa experiencia persoal e na que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes,

(18)

ou se solicite ou ofreza un servizo ou información, nun rexistro axeitado á situación de comunicación.

7. Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizar estes de acordo con textos modelo.

2.1.2. ESTRATEXIAS

(Básico Integrado = 1º+2º)

Para que todo o proceso de ensino-aprendizaxe chegue a bon porto é necesario termos sempre presentes os diferentes tipos de estratexias de aprendizaxe e de comunicación. É importante facerlles comprender aos alumnos a importancia de establecelas como base para o desenvolvemento da competencia comunicativa, e para que poidan dirixir e organizar a súa aprendizaxe de forma consciente.

Estas estratexias non serán avaliadas directamente e, dependendo da actividade ou tarefa, poranse en acción as que corresponderen. Apesar disto, o maior ou menor grao de aplicación destas vai sen dúbida influír na consecución dos obxectivos.

As estratexias que convén ter en conta para lle axudar ao alumno a comprender, aprender, lembrar e utilizar a nova información son:

A) ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE

As estratexias de aprendizaxe son maneiras de obter, comprender e reter a nova información na memoria para poder utilizala posteriormente; inclúen tanto a reflexión sobre o que se aprende e a maneira de aprendelo como as nocións, as motivacións ou a organización da aprendizaxe. Algunhas estratexias son:

1. Establecer de forma clara e realista os propios obxectivos e as necesidades a curto e a longo prazo.

2. Organizar adecuadamente o tempo persoal para a aprendizaxe da lingua.

3. Desenvolver o estilo de aprendizaxe que mellor se adapte ás características persoais e ás distintas tarefas e contidos lingüísticos.

4. Desenvolver e utilizar técnicas de estudo e de traballo adecuadas ás propias capacidades e ás distintas tarefas e contidos lingüísticosobxecto de aprendizaxe. 5. Organizar e usar axeitadamente o material persoal de aprendizaxe.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, utilizando os recursos dispoñibles tanto dentro coma fóra da aula e da escola e buscando ou creando oportunidades para practicar a lingua.

(19)

funcións do profesor.

8. Comprender o papel dos erros no proceso de aprendizaxe e aprender deles. 9. Utilizar a autoavaliación como elemento de mellora do proceso de aprendizaxe. 10. Usar materiais de consulta e autoaprendizaxe adecuados ao nivel (dicionarios,

gramáticas, libros de exercicios, novas tecnoloxías, etc.). 11. Tomar notas de palabras clave mentres se escoita ou se le.

12. Empregar recursos para destacar a información importante dun texto.

13. Utilizar distintas técnicas de memorización e organización axeitadas ao estilo de aprendizaxe persoal, por exemplo, os mapas conceptuais ou as táboas de clasificación. 14. Utilizar a linguaxe aprendida a medida que se adquire.

15. Aproveitar a presenza de nativos ou falantes cun nivel de competencia lingüística máis avanzado para aclarar, verificar ou corrixir.

16. Tolerar a comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa. 17. Valorar e reforzar a motivación como clave do éxito na aprendizaxe. 18. Solicitar axuda, correccións, aclaracións ou confirmacións.

19. Participar en actividades de lecer conectadas coa aprendizaxe da lingua.

20. Saber traballar en equipo, considerando os compañeiros como outra fonte máis de aprendizaxe.

B) ESTRATEXIAS DE EXPRESIÓN

1. Determinar os requirimentos da tarefa e avaliar os propios coñecementos e recursos lingüísticos para desenvolvela.

2. Planificar o texto na súa estrutura básica.

3. Ensaiar o texto oral ou escrito (p.e., gravarse, repetir termos en voz alta, empregar regras mnemotécnicas, subliñar…).

4. Adecuar de forma básica o texto (oral ou escrito) ao destinatario, ao contexto e á canle. 5. Aproveitar os coñecementos previos (p.e., utilizar a linguaxe da que se sente moi

seguro…).

6. Probar novas expresións e, en xeral, ser capaz de adoptar certos riscos sen bloquear a comunicación.

7. Utilizar procedementos lingüísticos (p.e., aproximacións e xeneralizacións cun nivel de lingua moi sinxelo, parafrasear, usar a lingua materna ou «estranxeirizar» palabras desta…) ou extralingüísticos (p.e., facer ver aquilo ao que quere referirse sinalándoo co dedo, usar a linguaxe corporal, usar sons onomatopeicos…).

(20)

8. Valorar se se conseguiron ou non os obxectivos propostos (p.e., no caso de textos orais, analizar a reacción do interlocutor ou da audiencia…).

9. Consultar as posibles dúbidas e corrixir os erros.

C) ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN

1. Determinar os requirimentos da tarefa e avaliar os propios coñecementos e recursos lingüísticos para o seu desenvolvemento.

2. Identificar o tipo de texto adaptando a súa comprensión a esa tipoloxía.

3. Decidir con antelación prestar especial atención a distintos aspectos do texto oral ou escrito (p.e., comprender o sentido xeral, procurar información específica…).

4. Predicir e facer hipóteses do contido do texto baseándose nos seus coñecementos do tema e no contexto.

5. Localizar e usar adecuadamente recursos lingüísticos ou temáticos do nivel. 6. Identificar o contexto e os coñecementos adecuados a ese contexto.

7. Establecer expectativas ou facer hipóteses respecto á organización e ao contido do texto. 8. Deducir e inferir do contexto o significado probable das palabras ou frases que

descoñece.

9. Identificar o tema e a idea principal dun texto.

10. No caso de textos escritos, utilizar ferramentas como subliñar ou tomar notas para lograr unha mellor comprensión do contido e da estrutura do texto.

11. Tratar de lembrar as palabras ou estruturas novas aprendidas.

D) ESTRATEXIAS DE INTERACCIÓN

1. Preparar ou planificar o posible desenvolvemento do intercambio tendo en conta a situación de comunicación e o obxectivo que se pretende acadar.

2. Utilizar estratexias sinxelas para comezar, manter ou acabar unha conversa breve e para pedir que lle presten atención.

3. Resolver de forma básica dúbidas ou bloqueos na comunicación, gañando tempo para pensar.

4. Cooperar co interlocutor para facilitar a comprensión mutua, pedindo ou facilitando axuda ou aclaracións cando sexa preciso.

5. Efectuar, de forma básica, as repeticións, aclaracións e correccións necesarias para compensar as dificultades, rupturas e malentendidos na comunicación.

(21)

2.1.3. CONTIDOS

(Básico Integrado = 1º+2º)

2.1.3.1. CONTIDOS SOCIOCULTURAIS E SOCIOLINGÜÍSTICOS

Dado que as actividades comunicativas se integran dentro dun contexto sociocultural, as alumnas e os alumnos deben adquirir un coñecemento da sociedade, da mentalidade e da cultura dos países e territorios lusófonos. De todos é sabido que a ausencia de competencia sociocultural pode distorcer a comunicación.

O desenvolvemento destes contidos enmarcarase nunha perspectiva intercultural. Terán que ser adaptados ás circunstancias socioculturais específicas de cada territorio lusófono mas neste primeiro nivel, o básico, estarán circunscritos quase exclusivamente a Portugal-Galiza e secundariamente o Brasil. O léxico e as estruturas utilizados para os desenvolver adecuaranse tamén aos obxectivos deste nivel básico.

Estes contidos van ser tidos en conta ao elaborar os materiais didácticos, actividades e tarefas mas non van aparecer necesariamente nun punto específico desta programación, xa que a maioría deles poden presentarse formando parte das diferentes áreas temáticas dos contidos lingüísticos léxico-semánticos, coas que están estreitamente relacionados, ben como cos contidos sociolingüísticos e funcionais. Estas áreas temáticas abranxentes

dos contidos socioculturais e sociolingüísticos son:

1. A vida cotidiana: a distribución do día e a rutina diaria: horarios e hábitos de comida, alimentos asociados; horarios e costumes relacionados co traballo; os ciclos anuais (estacións, festas e vacacións); actividades de lecer, etc.

2. As convencións sociais e as fórmulas de cortesía en situacións da vida cotidiana: comportamento na mesa, felicitacións, convites, apresentacións, puntualidade, regalos, saúdos e despedidas; tabús, vestiario, etc.

3. As condicións de vida: condicións da vivenda, condicións laborais (introdución ao mundo laboral, busca de emprego...), sanidade (seguridade social, hábitos de saúde e hixiene...), transporte, sistema educativo, etc.

(22)

transporte e tipos de establecementos.

5. As relacións persoais: estrutura e relacións sociais e familiares: relacións familiares, xeracionais e profesionais; relacións entre distintos grupos sociais, relación coas autoridades ou coa Administración, etc.

6. Valores, crenzas e actitudes: principais festas populares, costumes e tradicións máis frecuentes, celebracións máis significativas e comportamento nelas (p.e., en aniversarios...), principais relixións, etc.

7. A linguaxe corporal e os sons paralingüísticos: expresións faciais, acenos, posturas, distancia interpersoal, contacto visual; calidade de voz, ton, volume, etc.

Por outra parte, un enfoque centrado no uso do idioma como o que se propón nesta programación supón necesariamente unha dimensión social dese idioma. Para que a comunicación sexa eficaz, o usuario do Portugués non só ten que coñecer os recursos dispoñibles, senón tamén saber utilizalos axeitadamente en cada contexto. Neste sentido, enténdese que a os coñecementos e as competencias sociolingüísticas consisten na capacidade do utilizador de interpretar e comportarse de forma axeitada en diferentes situacións. Portanto as alumnas e os alumnos deben adquirir as competencias sociolingüísticas que lles permitan comunicarse con efectividade ao nivel básico especificado (primeiro ou segundo). Entre estas competencias encóntranse o coñecemento, o discernimento e o uso de marcadores lingüísticos de relacións sociais, fórmulas de tratamento, saúdos e normas de cortesía.

Ao final deste ano de nivel básico (integrado), as alumnas e os alumnos estarán en condicións de:

1. Desenvolverse axeitadamente en intercambios sociais moi breves no ámbito das relacións persoais, utilizando fórmulas cotidianas de saúdo e tratamento, e mostrarán de maneira adecuada a linguaxe corporal que corresponda.

2. Realizar invitacións, suxestións, pedir desculpas e responder a elas.

3. Realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e demandar información e responder a ela, ou expresar opinións e actitudes de xeito sinxelo en contextos relacionados coas condicións de vida.

4. Desenvolverse nas relacións sociais de modo sinxelo pero con eficacia: utilizando as expresións máis sinxelas e correntes, seguindo fórmulas básicas, coñecendo as correspondentes convencións sociais, sabendo tomar a palabra, etc.

(23)

2.1.3.2. CONTIDOS FUNCIONAIS

1. Usos sociais da lingua:

Saudar e despedirse. Presentarse ou presentar a alguén. Dirixirse a alguén. Pedir desculpas. Agradecer. Felicitar. Convidar. Interesarse por persoas. Reaccionar ante unha información con expresións que manifesten o sentimento adecuado á situación. Iniciar e concluír unha conversa telefónica.

2. Control da comunicación:

Manifestar comprensión e incomprensión. Pedir confirmación da comprensión ao interlocutor. Solicitar axuda ao interlocutor para facilitar a comprensión: por exemplo, falar devagar, soletrear, repetir. Preguntar o significado dunha palabra ou expresión. Reformular unha palabra ou expresión para facilitar a comprensión.

3. Información xeral:

Pedir e dar información sobre datos persoais. Pedir e dar información sobre lugares, horarios, datas, prezos, cantidades e actividades. Preguntar ou expresar se existe algo, e se se sabe unha cousa. Indicar posesión. Indicar onde e cando ocorre algo. Referirse a accións cotidianas presentes. Describir persoas, obxectos e lugares. Referirse a accións e situacións presentes e pasadas. Expoñer proxectos e formular hipóteses.

4. Opinións e valoracións:

Expresar intereses, preferencias e gustos (e contrarios). Afirmar e negar algo. Mostrar acordo, satisfacción (e contrarios). Preguntar e expresar coñecemento ou descoñecemento, seguridade ou inseguridade. Valorar un feito. Xustificar unha opinión ou unha actividade. Preguntar e expresar coñecemento ou descoñecemento.

5. Estados de saúde, sensacións e sentimentos:

Expresar sensacións físicas e sentimentos. Expresar estados de ánimo. 6. Petición de instrucións e suxestións:

Pedir axuda, obxectos e servizos. Invitar, e reaccionar adecuadamente. Pedir e ofrecer axuda, obxectos e servizos. Suxerir unha actividade.

2.1.3.3. CONTIDOS DISCURSIVOS

Un enfoque centrado no uso do idioma supón considerar o texto como a unidade mínima de comunicación. Para que un texto teña validez, desde o punto de vista

(24)

comunicativo, debe ser coherente con respecto ao contexto en que se produce e debe presentar unha cohesión interna que facilite a súa comprensión. O alumnado deberá adquirir, daquela, as habilidades e recursos discursivos que lle permitan producir e comprender textos tendo presente a súa coherencia e cohesión. Estes recursos entenderanse tanto para a expresión como para a comprensión.

A) COHERENCIA

1. Asociar enunciados simples e memorizados coas situacións en que é adecuado utilizalos (fórmulas de cortesía, saúdos, despedidas).

2. Adaptar formas de tratamento e fórmulas sociais básicas (saúdos, despedidas) á relación social co/coa interlocutor/a.

3. Utilizar recursos deícticos básicos para garantir a coherencia espazo-temporal. 4. Seleccionar o léxico e as estruturas adecuadas, e ofrecer información suficiente e

relevante para acadar o propósito comunicativo.

5. Adaptarse ás características, á organización básica e ao formato dos textos orais e escritos aos que se enfronta ou que produce, recollidos no epígrafe “Tipoloxía de textos” (vid. infra b3.3).

6. Recoñecer e usar un rexistro básico formal ou informal -dentro do estándar- de acordo co grao de familiaridade co interlocutor (tratamentos, xestos e actitudes).

7. Organizar a información aínda que sexa de modo lineal, de forma coherente e unitaria, evitando contradicións e repeticións.

B) COHESIÓN

1. Utilizar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito ou oral (dirixirse a alguén, tomar a palabra).

2. Utilizar os recursos básicos de puntuación seguindo as regras e convencións propias dos textos recollidos na epígrafe “Tipoloxía de textos” (vid. infra b3.3).

3. Utilizar os patróns básicos de entoación axeitados á situación comunicativa.

4. Manter, de forma incipiente, a concordancia na estrutura do texto para enmarcar a mensaxe e utilizar as concordancias necesarias para que haxa continuidade nas ideas expresadas.

5. Usar os conectores máis frecuentes para enlazar grupos de palabras e oracións. 6. Utilizar formulas adecuadas e sinxelas para cambiar de tema ou continuar con el. 7. Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.

(25)

10. Cohesionar o texto, retomando a información, con recursos sinxelos.

C) REPERTORIO DE TEXTOS

A palabra «texto» está empregada neste currículo no sentido amplo e coas

características que lle outorga o QECR: O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que durante a realización dunha tarefa

constitúe o eixo dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso.

Este repertorio inclue textos orais e escritos. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel.

C.1. TEXTOS ORAIS:

Anuncios (instrucións e indicacións). Mensaxes. Anuncios (instrucións e indicacións). Avisos. Horarios. Menús. Partes meteorolóxicos. Partes informativos. Contactos sociais. Conversas á cara.. Presentacións. Entrevistas. Transaccións e xestións. Exposición e presentación pública. Conversas telefónicas e mensaxes gravadas. Contos, historias e anécdotas.

C.2. TEXTOS ESCRITOS:

Fichas, formularios, cuestionarios e enquisas. Listaxes. Horarios. Catálogos, páxinas amarelas, guías e folletos. Etiquetas de produtos e embalaxes. Billetes e entradas.

Correspondencia persoal (cartas, tarxetas postais, correos electrónicos, telefax, invitacións, felicitacións, tarxetas de visita…). Correspondencia formal. Anuncios (instrucións e

indicacións). Carteis, letreiros e sinais. Menús. Textos xornalísticos (noticias, ofertas de traballo…). Textos literarios sinxelos. Currículos. Manuais de instrucións. Notas e

mensaxes. Dicionarios e tesaurus (dicionarios bilingües). Axendas e diarios. Tiras cómicas. Folletos. Receitas de cociña. Horóscopos. Programacións de radio e de televisión.

Carteleiras de espectáculos.

2.1.3.4. CONTIDOS LINGÜÍSTICOS

Os contidos lingüísticos son os léxico-semánticos, os fonéticos, os ortográficos e os morfosintácticos.

(26)

abaixo) son os que se consideran suficientes para acadar os obxectivos previstos para o Básico Integrado, e non se deben entender, nin programar, nin activar, nin avaliar... illadamente senón en función deses obxectivos.

Por outro lado, e sen pretender excluír as conceptualizacións propias do proceso de ensino-aprendizaxe, non se trata de levar os alumnos a unha reflexión metalingüística ou a unha aprendizaxe formal, senón a un uso contextualizado e integrado deses recursos. A nomenclatura gramatical que se utilizar nas aulas será a imprescindible e o máis

clarificadora posible.

A organización por anos dos contidos léxico-semánticos, gramaticais, ortográficos e fonéticos ten por obxectivo servirlles de orientación tanto a docentes como a discentes á hora de planificar o proceso de ensino-aprendizaxe. Cómpre lembrar o que xa se acaba de dicer hai poucas liñas: que estes contidos non serán avaliados separadamente e que o criterio na súa introdución e no seu grao de utilización será, en calquera caso, a súa pertinencia para acadar os obxectivos xerais e específicos de cada unha das catro competencias.

2.1.3.4.1. CONTIDOS LÉXICO-SEMÁNTICOS

1. IDENTIFICACIÓN PERSOAL: Nome. Enderezo. Teléfono, enderezo electrónico. Data e lugar de nacemento. Idade e sexo. Estado civil. Orixe e nacionalidade. Profesión propia e dos achegados. Familia directa. Gustos e hábitos. Formación e experiencia laboral.

Descrición persoal de carácter, preferencias e crenzas. Descrición persoal do aspecto físico. 2. VIVENDA, FOGAR E CONTORNA: A vivenda e as súas dependencias: partes da casa. Mobiliario básico. Electrodomésticos e aparellos electrónicos. A vivenda e a contorna. Aluguer. Servizos (auga, luz, calefacción...).

3. ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA: Na casa. No traballo. No tempo libre e ocio: actividades de lecer (xogos, deportes, prensa, radio, televisión...) e actividades culturais (cine, teatro, museos, exposicións...). Afeccións e intereses.

4. VIAXES E TRANSPORTES: Lugares de interese público. Transporte público (horarios, billetes, medios de transporte). Transporte particular. Vacacións. Aloxamento e equipaxe. Documentación. Lugares de interese turístico.

(27)

amorosas, de amizade, etc. Convites e citas. Formas habituais de tratamento sinxelas. Correspondencia persoal. Actos sociais: festas, reunións. Correspondencia formal básica. 6. SAÚDE E COIDADOS FÍSICOS: Estado físico (dor, malestar) e necesidades corporais (sono, fame, cansazo, frío, ir ao baño...). Hixiene e coidado corporal. Partes do corpo. Accidentes. Saúde e enfermidade.

7. EDUCACIÓN: Material e actividades da aula. Centros de ensino. Tipos de estudos. 8. COMPRAS E ACTIVIDADES COMERCIAIS: Establecementos comerciais. Prezos e formas básicas de pagamento. Artigos para a casa. Moda e vestido.

9. ALIMENTACIÓN: Alimentos. Comidas do día. Tipos de comida e bebida. Tipos de establecementos: cafés, bares, restaurantes... Comida: preparación e sabores. Materiais e utensilios.

10. BENS E SERVIZOS: Correos e telecomunicacións. Servizos de emerxencia. Bancos. Institucións. Servizos médicos. Servizos sociais.

11. LINGUA E COMUNICACIÓN: Actividades de lingua (comprender, falar, repetir...). Metalinguaxe non especializada (letra, son, frase...).

12. CLIMA, CONDICIÓNS ATMOSFÉRICAS E AMBIENTE, PAISAXE: Animais e plantas da contorna. Estacións do ano. Fenómenos atmosféricos (calor, frío, chuvia, sol...).

Previsións meteorolóxicas. Paisaxe de campo e de cidade.

13. CIENCIA E TECNOLOXÍA: Medios técnicos de comunicación (telefonía, Internet). Aparellos de uso doméstico e cotidiano.

2.1.3.4.2. CONTIDOS FONÉTICOS

1. Sons e fonemas vocálicos.

1.1.  Vogais e ditongos orais: tónicas/átonas; abertas/ fechadas.

1.1.1. Contraste entre as vogais “a”, “e”, “o” abertas/ fechadas. Oposición fonolóxica con rendemento funcional (p.e. a/à, avô/avó, cantamos/cantámos) e algúns casos frecuentes

(28)

de oposición con rendemento funcional redundante con outras marcas (ovo/ovos,

guloso/gulosa, gulosos, muito gosto/eu gosto, vocalismo da conxugación verbal).

1.1.2. Redución vocálica: regra xeral e algunhas excepcións frecuentes (p.e., som [o]- <inicial de palabra>, normal, procurar e derivados...).

1.1.3. A vogal e en posición átona: pronuncia e caída. 1.2.  Vogais e ditongos nasais.

1.2.1. Casos particulares de nasalidade: “muito”.

1.3.  Vocalismo da conxugación verbal, casos máis usuais: presente e pretéri-to perfecto do indicativo.

2. Sons e fonemas consonánticos.

2.1.  Oposición xordas/sonoras: especial atención a /v/ e ás sibilantes /s/~/z/. 2.2.  O fonema /λ/.

2.3.  As realizacións [L] e [R].

2.4.  Realizacións fonéticas do -s final de palabra.

3. Procesos fonéticos.

3.1.  Caídas habituais: para [pr], está? [ta], espera aí [prai].

3.2.  Fenómenos frecuentes de simplificación fonética por aglutinación: senhor Doutor >

“setor” [stor], “sôtor” [sotor].

4. Curvas de entoación habituais e pautas básicas de entoación.

2.1.3.4.3. CONTIDOS ORTOGRÁFICOS

1. Sistema de escritura: o alfabeto.

2. Representación gráfica de fonemas e sons. Correspondencia letras-fonemas.

2.1.  Dígrafos: ch, lh, nh; rr, ss.

2.2.  Algunhas correspondencias da letra x: palabras como caixa, exame, táxi, sexta-feira. 2.3.  Grupos consonánticos máis frecuentes (pt, ct, cc, cç, pc) en palabras de uso frecuente (p.e., óptimo, recepcionista, actor). Correspondencia escrita-pronuncia.

(29)

4. Sinais ortográficos: acentos grave, agudo e circunflexo, til nasal.

4.1.  Acento diacrítico: pôr/por. Palabras de uso frecuente diferenciadas polo acento: a/à,

e/é, esta/está, etc.

4.2.  Uso do “hífen”. 5. Sinais de puntuación. 2.1.3.4.4. CONTIDOS MORFOSINTÁCTICOS 1. A oración simple. 1.1.  Tipos de oracións. 1.1.1. Oración declarativa.

1.1.1.1. Oración declarativa afirmativa: Sou francês. 1.1.1.2. Oración declarativa negativa: Não tenho sede.

1.1.1.3. Oración impersoal con haver e con verbos que designan fenómenos meteorolóxicos: Há muita gente; Foi há muito tempo; Está a chover.

1.1.1.4. Proformas oracionais: sim, não, é, resposta en eco, pois, pois é, com

certeza, faz favor, etc.

1.1.2. Oración interrogativa.

1.1.2.1. Interrogativas totais: oración declarativa con marcas interrogativas: És

francesa?.

1.1.2.2. Interrogativas parciais con elementos interrogativos en po-sición inicial / final: De onde és? / És de onde?

A) Con elementos interrogativos + é que: o que é que..., quando é que..., etc.

1.1.3. Oración exclamativa: vocativos, interxeccións e fórmulas de exclama-ción en posición inicial / final.

1.1.4. Oración imperativa: Espere um momento.

1.2.  Elementos constituíntes (suxeito, verbo, complementos) e a súa posición. 1.3.  Fenómenos de concordancia.

1.3.1. Algúns casos especiais de concordancia: a maioria, a maior parte.

2. A oración composta.

2.1.  Expresión de relacións lóxicas.

(30)

2.1.2. Disxunción: ou, ou... ou..., nem... nem, quer...quer..., ou então. 2.1.3. Oposición: mas, porém, no entanto.

2.1.4. Concesión: apesar de + infinitivo

2.1.5. Comparación: como, menos... (do) que, mais... (do) que, tão/tanto... como,

conforme, segundo.

2.1.6. Consecuencia: tão / tanto... que + indicativo; (e) então; por isso. 2.1.7. Causa: porque, pois; por causa de + inf./SN.

2.1.8. Finalidade: para + infinitivo. 2.1.9. Relacións temporais.

2.1.9.1. Anterioridade: antes de + infinitivo.

2.1.9.2. Simultaneidade: quando + indicativo; enquanto, ao + infinitivo. 2.1.9.3. Posterioridade: depois de + infinitivo.

3. O sintagma nominal.

3.1.  Núcleo. Substantivo e pronome. 3.1.1. Substantivo.

3.1.1.1. Clases: comúns e propios; contables e non contables.

3.1.1.2. Xénero: regra xeral (alumno/alumna) e outros casos en palabras de uso frecuente (pai/mãe). Outros casos: -ão / -oa e -ão / -ona en palabras usuais (p.e.,

patrão/patroa; solteirão/solteirona)

3.1.1.3. Número: regra xeral (alumna/alumnas) e outros casos en palabras de uso frecuente (cão/cães). Palabras máis usuais con alteración de timbre da vogal tónica “o” (p.e., olho, ovo, almoço)

3.1.1.4. Grao: Diminutivos e aumentativos simples en -inho / -ão (p.e., carrinho,

carrão). Diminutivos máis usuais en -zinho (p.e., cãozinho, papelzinho, mãezinha);

diminutivos de plurais (p.e., cãezinhos). 3.1.2. Pronomes.

3.1.2.1. Persoais: tónicos e átonos.

A) Formas de tratamento e pronomes correspondentes: tu, você, o

senhor (Doutor) / a senhora (Doutora).

B) Colocación habitual enclítica dos pronomes átonos e ca-sos máis frecuentes de colocación proclítica: interrogativos, que, para, de.

C) Alomorfos dos pronomes átonos 3ª persoa CD en posi-ción enclítica. D) Casos frecuentes de colocación proclítica: tudo, todos, ainda.

(31)

correspondente ao tratamento de respecto.

B) Demostrativos: variables e invariables. Formas de proximidade e distancia. Contraccións coas preposicións.

C) Indefinidos: variables e invariables.

D) Interrogativos e exclamativos: variables e invariables. 3.2.  Modificación do núcleo.

3.2.1. Determinantes.

3.2.1.1. Artigos: definidos, indefinidos e contraccións coas preposi-cións. A) Uso do artigo cos nomes propios de persoa e de cidades / países / continentes.

B) O substantivo sen artigo, casos máis usuais: gostar de peixe, jogar

xadrez, tocar piano, ver televisão, ficar em casa,...

3.2.1.2. Demostrativos: variables e invariables. Formas de proximi-dade e distancia. Contraccións coas preposicións.

3.2.1.3. Posesivos: para un posuidor e para varios.

3.2.1.4. Cuantificadores: numerais e outros cuantificadores. 3.2.1.5. Interrogativos e exclamativos: variables e invariables.

3.2.2. Modificación do núcleo mediante sintagma adxectival, sintagma pre-posicional e frase de relativo.

3.2.2.1. Os pronomes relativos invariables que e onde. 3.2.2.2. O pronome relativo variable o qual.

3.3.  Posición dos elementos do sintagma e fenómenos de concordancia. 3.4.  Funcións sintácticas do sintagma: suxeito, CD, etc.

4. O sintagma adxectival.

4.1.  Núcleo: adxectivo. 4.1.1. Xénero.

4.1.1.1. Con oposición: regra xeral e outros casos en palabras de uso frecuente (bom / boa). Sen oposición: contente.

4.1.1.2. Outros casos: -ão / -ona en palabras usuais (p.e., aldra-bão/aldrabona). 4.1.1.3. Outros casos: palabras máis usuais con alteración de timbre da vogal tónica “o” (p.e. guloso/ gulosa).

4.1.2. Número.

(32)

4.1.2.2. Outros casos: palabras máis usuais con alteración de timbre da vogal tónica o (p.e. guloso/ gulosos).

4.1.3. Grao.

4.1.3.1. Grao comparativo de superioridade, inferioridade e igualda-de: mais /

menos... (do) que... e tão...como...

4.1.3.2. Comparativos irregulares: maior, melhor, pior.

4.1.3.3. Superlativos regulares (muito alto, altíssimo) e irregulares máis frecuentes (óptimo, facílimo, dificílimo).

4.2.  Modificación do núcleo mediante sintagma adverbial.

4.3.  Posición dos elementos do sintagma e fenómenos de concordancia.

4.4.  Funcións sintácticas do sintagma (predicativo do suxeito: o livro é novo, etc.)

5. O sintagma verbal.

5.1.  Núcleo: verbo. 5.1.1. Tempo.

5.1.1.1. Expresión do presente: presente do indicativo.

A) Formas regulares e irregulares das tres conxugacións. B) Pretérito imperfecto do indicativo (de cortesía). 5.1.1.2. Expresión do pasado.

A) Pretérito perfecto simple do indicativo. a) Formas regulares das tres conxugacións. b) Formas irregulares dos verbos máis usuais.

B) Pretérito imperfecto do indicativo: formas regulares e irre-gulares das tres conxugacións.

C) Pretérito perfecto composto do indicativo.

a) Formas regulares do participio das tres conxugacións. b) Formas irregulares máis usuais do participio.

5.1.1.3. Expresión do futuro.

A) Presente do indicativo con valor de futuro. B) Ir+inf.

C) Haver de+inf. 5.1.2. Aspecto.

5.1.2.1. Contraste durativo/habitual: imperfecto do indicativo; estar +a+inf.,

andar a+inf./presente do indic., costumar + inf.

(33)

5.1.2.3. Contraste durativo/puntual: imperfecto do indicativo/pretérito perfecto simple do indicativo.

5.1.2.4.Contraste iterativo e durativo/puntual: pretérito perfecto composto do indic./pretérito perfeito simples do indic.

5.1.3. Modalidade.

5.1.3.1. Factualidade: indicativo.

5.1.3.2. Necesidade: ter de/que + inf.; precisar de/necesitar de+inf.; ser

preciso/ne-cessário+inf.

5.1.3.3. Obriga: ter de/que + inf.; ser obrigatório+inf. 5.1.3.4. Capacidade: poder/saber + inf.; ser capaz de+inf.

5.1.3.5. Permiso: poder + inf.; ser possível/permitido+inf. Imperativo afirmativo formal e informal (formas reg. e irreg.).

5.1.3.6. Posibilidade: poder+inf.; dever + inf.; se calhar + indicativo.

5.1.3.7. Prohibición: imperativo negativo formal e informal (formas regulares e irregulares); não poder + inf.; não ser possível / ser impossível / ser

proibido+inf.

5.1.3.8. Ordes e instrucións: imperativo afirmativo e negativo formal e informal (formas regulares e irregulares).

5.1.3.9. Intención: querer/ter que/ter de/pensar+ inf.; ir+Inf.; haver de+Inf 5.1.4. O infinitivo persoal: formas e algúns usos frecuentes (cf. 2.1.4., 2.1.8. e 2.1.9.). 5.1.5. Voz activa e formas máis usuais da voz pasiva (p.e., ontem fui assaltada).

5.1.5.1. Formas regulares e irregulares máis usuais do participio usadas na voz pasiva.

5.2.  Modificación do núcleo mediante negación.

5.3.  Posición dos elementos do sintagma e fenómenos de concordancia. 5.4.  Funcións sintácticas no sintagma (verbo, suxeito, etc.).

6. O sintagma adverbial.

6.1.  Núcleo: adverbios de uso máis frecuente (clases, grao). 6.2.  Modificación do sintagma mediante sintagma adverbial. 6.3.  Posición dos elementos.

(34)

7. O sintagma preposicional.

7.1.  Núcleo: preposicións simples de uso máis frecuente e principais locu-cións prepositivas.

7.1.2. Preposicións + artigos (crases / contraccións). 7.2.  Posición dos elementos.

7.3. Modificación do sintagma mediante adverbios restritivos:  Estacionei mesmo em frente

de casa.

7.4.  Funcións sintácticas do sintagma.

8. Conxuncións.

8.1.  Conxuncións de uso máis frecuente: e, nem, ou, mas, porque.

2.1.4. AVALIACIÓN

(Básico Integrado = 1º+2º)

Nesta parte facemos constar unicamente os aspectos, características e criterios da avaliación referidos ao NIVEL BÁSICO.

Outros aspectos e características que son comúns a todos os niveis (Básico A2, Intermedio B1, Avanzado B2 e finalmente o nivel C1) serán tratados conxuntamente na

parte 3. AVALIACIÓN, (despois desta parte 2. Programación por Niveis) para non ter

que os repetir catro veces, (en cada un dos niveis).

Portanto para ter unha visión completa dos aspectos xerais das avaliacións (tipos e clases de avaliación -inicial, formativa...- características e partes das probas finais de certificación, protocolo de aplicación da corrección de probas, maneira de reclamar, etc.) haberá que completar a información que aqui consta coa que aparece na parte 3 seguinte.

Referências

Documentos relacionados

Este trabalho é um estudo de História da Educação Piauiense abordando, especificamente, a 

• Introduza o cabo elétrico na tomada de alimentação e ligue o aparelho pressionando a tecla ON/OFF (A), selecione em seguida, a função desejada e as outras definições de

Tendo em vista as importantes revisões a respeito da eficiência das macroalgas como biofiltros no tratamento de efluentes aquícolas, o presente estudo fez uma avaliação do

Nas FPFP, a disponibilidade total referida foi maior na região Sul comparada à Nordeste; para indivíduos que referiram uma DCNT em relação aos que possuíam três ou mais;

O objetivo deste trabalho foi avaliar o efeito da adubação de nitrogênio, fósforo e potássio (NPK) na produção do cafeeiro Conilon (Coffea canephora L.), cultivado

Relatório de Execução do Plano de Prevenção de Riscos de Gestão Incluindo os de Corrupção e Infrações Conexas da Câmara Municipal de Estremoz Identificação do Risco

O Curso de Especialização em Direito e Assistência Jurídica será certificado pelo IDDE (Instituto para o Desenvolvimento Democrático), pelo Ius Gentium Conimbrigae/Faculdade de

Para estes polos, a mediana de distância entre o município de residência do aluno e o polo é maior que 60 quilômetros, ou seja, pelo menos 50% dos alunos que não residem no