• Nenhum resultado encontrado

Presente de Subxuntivo: formas verbais das que rexistramos exemplos non normativos

María Álvarez de la Granja

Táboa 5. Presente de Subxuntivo: formas verbais das que rexistramos exemplos non normativos

Fronte ao que ocorría nos verbos analizados no apartado precedente, aquí encontramos tres casos en que a forma maioritaria non é normativa (verbos dar, estar e valer, aínda que neste último caso só temos un exemplo, de modo que non é representativo). Ademais, nos casos en que a forma normativa é maioritaria, as porcentaxes das formas non normativas son superiores ás que atopabamos nas formas do tema de pretérito e en oito delas supérase o 10% (caer, poder, querer, saber, saír, traer, vir e os verbos acabados en –cer e -cir). Só nun caso (poñer / pór) se rexistra unicamente a forma normativa, e non hai ningún exemplo do Presente de Subxuntivo propio do castelán. Por outro lado, unha persoa escribe no mesmo texto estea e esté; catro escriben poida e poda e once sea e sexa.

As tres formas non normativas maioritarias en CORTEGAL están presentes na lingua popular, de acordo cos datos do ALGa e de Fernández Rei (1990). Este último sinala ao respecto de dé, des... que as "formas castelás que concorren con dea, deas..., son paradigmas rexistrados só nuns pouquiños puntos" (1990, p. 93); con respecto a esté, estés, indica que "as formas castelás rexistráronse en puntos de Ourense, xeralmente a carón de estea, esteas..." (1990; p. 95) e en relación con valga (1990, p. 102), Fernández Rei sinala que o "radical castelán" foi a única forma recollida

16 Este único exemplo corresponde ao Presente de Subxuntivo do verbo atraer: atraiga.

164 María Álvarez de la Granja

en moitos puntos da provincia de Pontevedra. Nótese que en ningún dos tres casos a forma era maioritaria no galego popular nos anos setenta, pero parece que o seu uso se incrementou nesta variedade desde ese momento. Así, Louredo Rodríguez (2019, p. 145), no seu traballo sobre o galego do Ribeiro, rexistra un claro avance da forma esté, a máis frecuente na segunda e na terceira xeracións, aínda que só un lixeiro avance da forma dé con respecto ao seu uso na primeira xeración. Pola súa banda, Soto Andión (2014, p. 235) rexistra esté e dé en falantes mozos.

Debe sinalarse, por outro lado, que as formas estea e dea se transferiron desde o galego ao castelán de Galicia (Rojo, 2004, p. 1094), e aínda que cada vez son menos frecuentes nesta variedade do español, poden aínda atoparse exemplos con facilidade ("yo ya decía cuando esteamos en julio diremos ay qué tiempos aquellos que pasamos tan mal"18, "Os diré, que no voy a ser una persona que le dea mucho tute al coche como vosotros"19. Como sinala Rojo (2004, p. 1094), estas formas empregadas no castelán de Galicia teñen consideración social baixa e é posible que este feito tivese influencia indirecta na diminución do seu emprego en galego e no aumento do uso das formas coincidentes co castelán.

Por outro lado, son maioritarias no galego popular, ou ben, non o sendo, presentan unha frecuencia bastante elevada as seguintes formas: poda (27%, trinta estudantes en CORTEGAL), sepa (18,7%, tres estudantes), sea (9,3%, trinta e dous estudantes, a pesar de ser a máis frecuente no galego popular e de que sexa, co 90,1% e trescentos once estudantes, apenas se rexistre naquel), traiga (20%, un estudante). Con respecto ao subxuntivo das formas en -cer e –cir, o mapa 88 do volume I do ALGa ofrece información sobre o Presente de Subxuntivo do verbo agradecer. Obsérvase que a terminación coincidente –ezca, coincidente co castelán, se recolle en varios puntos da metade sur de Galicia e é probable que avanzase considerablemente nos últimos anos20. 3.4. Presente de Indicativo dos verbos con alternancia <i/e> (tipo seguir) e <u/o> (tipo

subir)

Neste apartado presentamos os resultados encontrados para unha selección de verbos da terceira conxugación que no galego normativo teñen alternancia vocálica no Presente de Indicativo. Son verbos cuxa vogal radical alterna entre <i> (na P1) e <e> ([ɛ] na P2, P3 e P6, [e] na P4 e na P5) ou entre <u> (na P1, P4 e P5) e <o> ([ɔ] na P2, P3 e P6), e que seguen daquela estes modelos

18 Exemplo extraído do corpus oral do castelán de Galicia ESLORA (2018), que contén conversas de falantes de Galicia gravadas entre os anos 2007 e 2015. Na versión dispoñible no momento de elaborar este traballo, o corpus contén algo menos de 650.000 palabras ortográficas e ofrece 3 resultados para estea (en todo o paradigma) e ningún para dea. 19 https://www.bmwfaq.org/threads/bmw-330d-automatico-2001.736214/ ("Ubicación: Galicia", 13 de marzo de 2013) (data da consulta 01/05/2020).

20 Dubert García (2005, p. 283) que ofrece datos correspondentes a Santiago de Compostela, sinala que no galego popular urbano se encontran exemplos de parezco / parezca. Louredo Rodríguez (2019, p. 111) destaca "o aumento na frecuencia da variante conozco, entre os máis novos, e a diminución de conozo".

de conxugación: sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen; subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben. Os verbos foron seleccionados tendo en conta a probabilidade de que estivesen minimamente representados en CORTEGAL de acordo coa súa semántica. Na táboa 6 ofrécense os resultados para a P2, P3 e P6 dos verbos seguir, sentir, servir e derivados, e na táboa 7 os correspondentes aos verbos acudir, cubrir, consumir, cumprir ('ser necesario') (só da P3 e P6, polo seu carácter impersoal), subir, xurdir e derivados21. Na primeira columna figuran sempre as tres persoas con independencia de que estean todas elas presentes ou non no corpus.

P2, P3 e P6 do Presente de Indicativo SEGUIR

Número de estudantes Porcentaxe

segue, segues, seguen 95 87,2%

sigue, sigues, siguen 14 12,8%

SENTIR

Número de estudantes Porcentaxe

sente, sentes, senten 6 30%

sinte 13 65%

siente22 1 5%

SERVIR

Número de estudantes Porcentaxe

serve¸serves, serven 36 87,8%

sirve, sirves, sirven 5 12,2%

Táboa 6. Presente de Indicativo: verbos con alternancia <i/e> tipo seguir P2, P3 e P6 do Presente de Indicativo

ACUDIR

Número de estudantes Porcentaxe

acode, acodes, acode 3 27,3%

acude, acudes, acude 8 72,7%

CONSUMIR

Número de estudantes Porcentaxe

consome, consomes, consomen 10 15,2%

consume, consumes,

consumen 56 84,8%

CUBRIR

Número de estudantes Porcentaxe

cobre, cobres, cobren 3 37,5%

cubre, cubres, cubren 5 62,5%

CUMPRIR

Número de estudantes Porcentaxe

cómpre, cómpren 22 95,7%

cumpre, cumpren 1 4,3%

21 Non incluímos o verbo sufrir dada a existencia da forma estándar, aínda que non recomendada, sofrer, á que poden corresponder os exemplos con vogal radical <o>.

166 María Álvarez de la Granja

SUBIR

Número de estudantes Porcentaxe

sobe, sobes, soben 5 27,8%

sube, subes, suben 13 72,2%

XURDIR

Número de estudantes Porcentaxe

xorde, xordes, xorden 13 76,5%

xurde, xurdes, xurden 4 23,5%